Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS de Ciencias da Saúde. Unha das formas de retorno do valor xerado pola investigación á sociedade é a transferencia dos resultados obtidos polos grupos de investigación ao sistema produtivo. A transferencia de tecnoloxía converteuse nestes últimos anos nunha cuestión prioritaria para os países da UE por iso, e importante que os investigadores coñezan ben este proceso e o incorporen a súa actividade diaria. O primeiro paso para a transferencia debe dirixirse a protección dos resultados de investigación, para obter uns dereitos en exclusiva que nos permitan decidir quen e como pode utilizalos. O segundo paso sería conseguir que o coñecemento protexido sexa interesante para o sector produtivo. Para iso, precísase que os resultados acadados se valoricen e evolucionen ata un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese ás empresas. O terceiro paso iría dirixido a atopar unha empresa que estea interesada en probar a nosa tecnoloxía ou, directamente, en explotala. Nesta actividade formativa afondaremos en todos estes pasos necesarios para que un resultado de investigación chegue a mercado, utilizando exemplos de resultados relacionados coas ciencias da saúde.

  • Ubicación
    Santiago

    Modalidad
    Presencial

    Duración
    Horas presenciales: 10
    Horas de trabajo: 8
    Total: 18

    Matrícula en la actividad
    10/04/2025 - 23/04/2025

    Desarrollo de la actividad
    25/04/2025 - 06/06/2025

    Profesor/a
    Fernando Rafael Pardo Seco

    Profesor/a
    Laura Quintana Gomez

    Profesor/a
    Montserrat Camiña Tato

    Número total de plazas
    22

    Tasa general
    0

    Matrícula
    Límite de plazas con lista de espera
    Matrícula

  • Grupo Lugar Fechas Horario
    Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre 25 de abril, 09 de maio, 16 de maio, 23 de maio e 06 de xuño 2025 de 9:30 a 11:30 h
    • Coñecer os dereitos de protección intelectual e industrial, centrándonos nas patentes, tanto como forma de protección como de fonte de información tecnolóxica, legal e comercial.
    • Repasar os programas de valorización de resultados, para que serven e que financian
    • Coñecer os tipos de acordos para a transferencia e explotación dos resultados
  • I.- Información xeral
    Propiedade Intelectual e Industrial.
    O sistema de patentes
    II.- As patentes
    Requirimentos de patentabilidade.
    Apartados e comprensión dos contidos dunha patente
    Procuras en bases de datos de patentes.
    III.- Coñecementos específicos
    Lexislación para patentes en biotecnoloxía
    A protección do software
    IV.- A valorización dos resultados de investigación e a transferencia de tecnoloxía
    Programas de valorización de resultados
    MTA, Acordo de Primeira Opción e Licenzas

  • Terase en conta a asistencia, a participación nas clases e a execución do traballo final.
  • Montserrat Camiña Tato
    Doutora en Medicina pola Universitat Autònoma de Barcelona e Máster en Innovación e Desenvolvemento Económico pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), traballa desde fai sete anos na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados, que xorden dos grupos de investigación, no ámbito da biotecnoloxía.
    Fernando R. Pardo Seco
    Doutor en Electrónica e Informática pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou durante 9 anos na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC levando a xestión e transferencia de resultados de I+D nos ámbitos da enxañaría, informática e electrónica. Actualmente é profesor axudante doutor no departamento de electrónica e computación.
    Laura Quintana Gómez
    Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Sheffield (Reino Unido), Máster en Enxeñaría dos Procesos Industriais pola Universidade Complutense de Madrid e Graduada en ADE pola UNED. Actualmente traballa na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC protexendo e transferindo resultados de investigacións nos ámbitos da enxeñaría, física e informática.