Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Competencias en información para a investigación. Nivel experto

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS (50 prazas: 25 para Santiago e 25 para Lugo). Metodoloxía O curso desenvolverase nunha contorna virtual (Campus Virtual USC). A duración do curso será de 4 semanas, cunha inversión en tempo do alumno de 25 horas. Organízase en 6 módulos cos contidos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio. Realízanse dúas sesións prácticas presenciais de 3 horas cada unha. Contidos: 1ª sesión: Busca bibliográficas + Uso de Xestores bibliográficos (RefWorks) 2ª sesión: Traballo científico + Ciencia Aberta

  • Ubicación
    Santiago

    Modalidad
    Semipresencial

    Duración
    Horas presenciales: 25
    Total: 25

    Matrícula en la actividad
    21/10/2024 - 28/10/2024

    Desarrollo de la actividad
    04/11/2024 - 04/12/2024

    Profesor/a
    Cesar Gomez Perez

    Profesor/a
    Jose Rodriguez Dopazo

    Profesor/a
    M. Del Pilar Franco Garcia

    Número total de plazas
    64

    Tasa general
    0

    Matrícula
    Límite de plazas con lista de espera
    Matrícula

  • Grupo Lugar Fechas Horario
    Competencias en información para a investigación. Nivel experto Campus Virtual USC e dúas sesións presenciais en SANTIAGO na Aula Seminario da Facultade de Dereito; en LUGO: Aula eTerra (Biblioteca Intercentros) do 04 de novembro ao 04 de decembro de 2024; sesións presenciais SANTIAGO: martes 12 e martes 19 de novembro 2024, LUGO: martes 12 martes 19 de novembro 2024 de 10.00- 13.00h
    1. Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias informacionais/dixitais e aprender a xestionar o tempo de traballo.
    2. Coñecer os recursos de información e servizos a través da web da BUSC e os recursos TIC da USC.
    3. Saber que é unha fonte de información e os diferentes tipos. Aprender a planificar unha busca e localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet.
    4. Ser quen de avaliar correctamente a información atopada para así seleccionar aquela que mellor resolva as súas necesidades. Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube. Coñecer o marco no que se desenvolve a avaliación da ciencia.
    5. Ser capaz de aplicar a metodoloxía científica propia da elaboración dun traballo de investigación. Comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que se utiliza, citando e redactando as referencias e evitando o plaxio.
    6. Coñecer máis dunha ferramenta para presentar traballos científicos. Ser quen de difundir e compartir información a través da web e das redes sociais. Aprender a xestionar a propia identidade dixital sen riscos. Entender o que son os dereitos de autor e as implicacións de publicar en acceso aberto os resultados da investigación, e os seus beneficios para a difusión da ciencia.
  • Buscar información

    • O traballo científico: reflexión sobre a finalidade, normativa e necesidades informativas. Xestión do tempo de traballo.
    • Servizos, recursos e ferramentas da BUSC de apoio á investigación.
    • Busca de información científica: Tipos de fontes, estratexias de busca, bases de datos xerais e específicas da área de coñecemento, busca na Internet.
    • Avaliar os primeiros resultados e reconducir a busca.
      Avaliar a información
    • Avaliar a información: criterios xerais, lectura crítica e reflexiva
    • Métricas de avaliación da información científica: bibliometría
      Organizar e xestionar a información eficazmente
    • Xestionar e organizar por si mesmo a información, mediante un uso experto dos xestores bibliográficos e/ou outras ferramentas informáticas para a almacenaxe na nube.
    • Ferramentas Tic que proporciona a USC.
      Usar, publicar e difundir a información respectando as normas éticas e legais
    • Elaboración do traballo científico: Tipoloxía, planeamento, fases de elaboración, estrutura e redacción.
    • A comunicación científica.
    • A propiedade intelectual: Copyright vs. Copyleft, uso e tratamento da información: as citas e referencias no formato axeitado á área de coñecemento.
    • O Proceso de publicación: OA, publicación en forma de artigo.
      Manterse ao día e compartir información en rede
    • Difundir a información: construír unha identidade dixital, publicar en acceso aberto, difundir nas redes sociais académicas.
    • Servizos de actualización da información científica: canles RSS, crear alertas coas principais ferramentas.
    • Ferramentas de traballo colaborativo na rede.
  • A cualificación final do curso será: “apto” ou “non apto”.
    Para obter o “apto/a” requerirase:

    • Realizar todas as actividades propostas como obrigatorias.
    • Obter unha nota medio igual ou superior a 5 como resultado destas actividades, sendo obrigatorio superar as actividades 2 e 4.
    • Asistencia obrigatoria ás dúas sesións presenciais propostas.
  • José Rodríguez Dopazo
    M.ª del Pilar Franco García
    César Gómez Pérez