Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Bases de datos relacionais e non relacionais para investigación en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Doutorandos da EDI en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.

  • Ubicación
    Santiago

    Modalidad
    Presencial

    Duración
    Horas presenciales: 10
    Total: 10

    Matrícula en la actividad
    24/02/2025 - 03/03/2025

    Desarrollo de la actividad
    10/03/2025 - 20/03/2025

    Profesor/a externo/a
    Patricia Martin Rodilla

    Número total de plazas
    20

    Tasa general
    0

    Matrícula
    Límite de plazas con lista de espera
    Matrícula

  • Grupo Lugar Fechas Horario
    Bases de datos relacionais e non relacionais para investigación en Artes e Humanidades, Ciencias Soc Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre 10, 11, 13, 18 e 20 de marzo de 2025 12:00 a 14:00h
  • O alumno aprenderá a:

    • Crear un modelo (coherente, axeitado computacionalmente e adaptado ás súas necesidades en H e CCSS) para organizar a información seguindo as preguntas de investigación.
    • Organizar e almacenar os datos seguindo o modelo en bases de datos relacionais SQLite. Distinguir o tipo de base de datos que precisa e o software máis axeitado para a súa implementación.
    • Explotar os datos para crear información e coñecemento: facer buscas, filtrados e composicións complexas, recuperar a información.
    • Avaliar os teus modelos e evolucionalos ao avance da investigación.
  • Fundamentos da organización da información para investigación e o seu modelado, bases de datos relacionais e non relacionais (5 sesións presenciais de 2 horas + 8 horas de traballo individual). A actividade constará das seguintes partes:

    1. Datos vs. Información vs. Coñecemento. Formatos
    2. Modelado conceptual para investigación en H y CCSS:
    • Identificando a estrutura de información que preciso.
    • Metodoloxía de modelado: dende o texto/pregunta de investigación ao modelo
    • Paradigma OO: obxectos, clases, asociacións.
    • Paradigma relacional: relacións, atributos, tuplas
    1. Bases de datos relacionais: Tipos de datos. Claves. Restricións do modelo e do usuario. Dende o modelo entidade/relación ao modelo relacional.
    • Sistemas xestores de bases de datos relacionais: instalación e manipulación SQLite y SQLite Studio.
    • Consultas SQL: extracción de información, selección, filtrado, ordenación, unión.
    • Operadores e a súa relación con as nosas preguntas de investigación.
    • Tratamento de datos: Inserción, borrado e modificación de rexistros; Borrados, modificacións e integridade referencial.
    1. Del modelo conceptual a la base de datos relacional.
    • Deseño, implementación e consultas do modelo de datos para a miña investigación
    1. Bases de datos no relacionais: principios e cando usalas.
    2. Avaliando os meus modelos.
  • A superación dos módulos requirirá que o/a alumno/a realice unha tarefa relacionada cos contidos, que será indicada polo/a docente responsable do mesmo.
  • Patricia Martin-Rodilla (Information Retrieval Lab, Facultade de Informática, UDC) é docente no grao de Informática e investigadora no Laboratorio de Recuperación de Información da Universidade da Coruña. Experta en Sistemas de Información (Data Mining, Analytics, Information Visualization, Semantics). PMP project manager. Investigadora posdoutoral na USC e no CSIC, con proxectos interdisciplinarios e estadías en Santiago de Chile, París e Lisboa. As súas investigacións céntranse na conexión entre a Enxeñería Software e as Humanidades (Minaría de Datos, Textos e Procesos, Cultural Informatics, Lingüística Computacional, Ontoloxías ou Visualización da Información, entre outros). Máis información sobre o seu curriculum no enderezo http://www.patricia-martin-rodilla.com