Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Intercambios na USC para estudantes de grao procedentes doutras universidades españolas

Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles (SICUE) é un programa creado polas universidades españolas coa finalidade de brindar ao alumnado a posibilidade de cursar parte dos seus estudos de grao noutra institución.

  • O alumnado doutras universidades españolas, no marco do programa SICUE, pode solicitar a mobilidade á USC para cursar un ou dous semestres en función das prazas ofertadas pola súa universidade de orixe. A oferta publícase entre os meses de xaneiro e marzo de cada ano.

    Neste proceso, o estudantado pode solicitar asesoramento aos Responsables Académicos de Mobilidade (RAM) e ás persoas coordinadoras académicas de SICUE que ten cada centro da USC.

     

    A posibilidade de realizar prácticas ou o Traballo de fin de grado (TFG) está limitada a determinadas titulacións (Anexo TFG e Prácticas).

    Enderezo de contacto: sicue@usc.gal

The contents of this page were updated on 01.12.2024.