-
ECTS credits
ECTS credits: 3ECTS Hours Rules/Memories
Expository Class: 30
Total: 30Use languages
Spanish, GalicianType:
Ordinary Fourth Cycle subjectCenter
IV CicloCall:
Second SemesterTeaching:
Sin Docencia (Ofertada)Enrolment:
No Matriculable -
Adquirir coñecementos avanzados das ferramentas na rede.
Coñecer outros dispositivos de entrada e saída dun sistema informático: lectores de tarxetas…
Acceder e manexar a nube da USC de Microsoft 365
Utilizar as redes de información: internet, correo electrónico, aplicacións na nube, …
Coñecer e utilizar ferramentas de intelixencia artificial: Copilot e ChatGPT.
Ccomprender o uso dos certificados dixitais: exemplos de certificados, firmar un documento, usar unha sede electrónica, solicitar un certificado dixital.
Aprender elementos fundamentais e avanzados de traballo das aplicacións de tratamento de textos.Bloque de contidos I:
Familiarización co Sistema Operativo. Emprego de ventás. Manipulación dos elementos hw.
Seguridade da información: cautela no uso do correo electrónico.
Software para comprimir arquivos.
Bloque de contidos II:
Campus virtual da USC.
A nube da USC: Microsoft 365.
Aplicacións na nube: Onedrive, Outlook Web, Office Online.
Aplicacións de IA: ChatGPT e Copilot.
Bloque de contidos III:
Certificados electrónicos: DNI electrónico 3.0, Chave365, FNMT.
O emprego dos certificados de usuario, DNI-e e certificados de software.
A administración electrónica. Sede electrónica.
Bloque de contidos IV:
Edición de textos con Word/Writer avanzado: Formatos de páxina: seccións, columnas.
Edición de textos con Word/Writer avanzado: Estilos e plantillas. Notas ao pe. Índices e táboas de contido.
Edición de textos con Word/Writer avanzado: Creación de táboas avanzadas. Converter texto en táboa e táboa en texto.
Edición de textos con Word/Writer avanzado: Documentos combinados.
Traballo coa folla de cálculo: Formatado básico dunha folla.
Traballo coa folla de cálculo: Automatización da folla. Fórmulas e funcións. Creación de formas e gráficas. Traballo con imaxes.
Traballo co powerpoint: operacións básicas sobre presentacións con texto, en diapositivas, imaxes predeseñadas ou da computadora, álbum de fotografíasDesenvolvemento de operacións avanzadas do sistema operativo Windows 10
Utilización práctica de dispositivos de almacenamento: pendrives, a nube.
Xestión da aplicación de almacenamento de arquivos na nube da USC Onedrive: subir arquivos e descargar arquivos, compartir cartafol/ficheiro
Compresión de arquivos co programa 7zip
Navegación por internet:…
Uso das aplicacións de ChatGPT e Copilot
Uso do programa de autofirma, conexión a un servicio web con identificación ou certificado dixital: DNI 3.0, Chave365, e certificado de software
Elaboración e maquetación dun documento de texto en word/writer, presentacións en Powerpoint,…Aprendizaxe significativa e practica dos coñecementos impartidos ao longo de todo o curso:
O curso se desenvolverá a través de clases presenciais de xeito teórico-expositivo e práctico-interactivo.
Os contidos de carácter práctico serán expostos polo profesor e seguidamente desenvolvidos polo alumno, interactuando con cada un deles que o precise ata que todos consigan o obxectivo.
Resumo básico e ilustrativo de todas as unidades do programa desenvolvidas.
Emprego da aula virtual no Campus Virtual da USC con resumos, actividades e exercicios propostos para a súa resolución, e cuestionarios de autoavaliación:
Cuestionarios de coñecementos iniciais.
Exercicios de clase
Cuestionarios-xogos coa plataforma Kahoot ou similar.
Se procede, uso da aplicación Teams:
Entrega de tarefas no equipo da materia.
Interacción profesor-alumnos.Avaliación continua (40% de la nota final): asistencia, prácticas, exercicios diarios na aula (e fóra dela se os alumnos o demandan), e interese amosado en clase.
Exame tipo test na aula virtual (ou proba escrita se fose necesario) (60% de la nota final):
Preguntas tipo test cun enunciado que pode ser verdadeiro ou falso.
As respostas falladas non descontan puntos
Non hai puntuación mínima no exame para aprobalo.
A puntuación final obterase de sumar o nota obtida no 40% mais a nota obtida no 60%, e o aprobado estará en 5 puntos
-