Skip to main content

O profesor Marcelino Agís gaña o Premio de Investigación en Humanidades Concepción Arenal

O profesor de Filosofía e Antropoloxía da USC Marcelino Agís Villaverde gañou a décima edición do Premio de Investigación en Humanidades ‘Concepción Arenal’, que convocan con carácter bienal a Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol, polo traballo ‘Anatomía del pensar: el discurso filosófico y su interpretación, resultado de case 25 anos de investigación.

Ao galardón, que o xurado decidiu por unanimidade, presentáronse nesta ocasión 25 traballos de profesorado e persoal investigador das tres universidades galegas e doutras españolas.

O xurado que lle concedeu este galardón estivo formado polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; os catedráticos da UDC Wenceslao J. González Fernández e María José Arroja Baliña; da Universidade de Sevilla Juan Arana Cañedo-Argüelles; e da Complutense de Madrid José Luis Piñuel Raigada; ademais do vicexerente do Campus de Ferrol, Ramón J. Noguerol Gómez.

O profesor Agís recibirá xa o pasado ano o premio de ensaio Manuel Murguía da Deputación de A Coruña polo traballo ‘Historia do pensamento galego contemporáneo. Contribucións da Filosofía á cultura actual’.

The contents of this page were updated on 09.19.2016.