Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

No Día Mundial do Clima, o Departamento de Xeografía súmase ao comunicado da Asociación Española de Climatoloxía

A Asociación, que preside o profesor da USC Alberto Martí, reafirma o compromiso coa ciencia do clima, a divulgación e o impulso de accións desde todos os ámbitos. Foto: Santi Alvite
A Asociación, que preside o profesor da USC Alberto Martí, reafirma o compromiso coa ciencia do clima, a divulgación e o impulso de accións desde todos os ámbitos. Foto: Santi Alvite
A Asociación, que preside o profesor da USC Alberto Martí, reafirma o compromiso coa ciencia do clima, a divulgación e o impulso de accións desde todos os ámbitos
Santiago de Compostela

No Día Mundial do Clima que se celebra cada 26 de marzo dende o ano 1992, o Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago súmase ao comunicado que fai público a Asociación Española de Climatoloxía, cuxo presidente é o profesor da USC Alberto Martí Ezpeleta, no que alerta dos riscos que implica o cambio climático acelerado debido á acción antropoxénica, “unha das maiores crisis actuais ás que se enfronta a Humanidade”.

“O estudio do clima e a concienciación do problema son de grande importancia”, dita o comunicado, e por iso “reafirmamos o noso compromiso coa ciencia do clima, a divulgación e o impulso de accións climáticas, desde o ámbito cidadán ao político; accións que axudarán a mitigar os efectos do cambio climático antropoxénico”.

The contents of this page were updated on 03.26.2025.