Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Visita do Comité Avaliador do Campus Terra

Imaxe de arquivo do Edificio Intercentros do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo do Edificio Intercentros do Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Terá lugar os días 24 e 25 de febreiro e no seu transcurso percorrerá distintos centros da sede universitaria luguesa e manterá xuntanzas con colectivos investigadores ou empresas
Lugo

O reitor Antonio López Díaz preside este luns 24, no Edificio CACTUS do Campus de Lugo, a recepción ao Comité Avaliador do Campus Terra. A sesión que botará a andar ás 9.00 horas contará coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; Irene Bonome Gradaílle,
subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria; e Mercedes Vázquez Santamarina, xefa do Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación. A visita estenderase ata o martes 25 e no seu transcurso o comité poderá percorrer distintos centros da sede universitaria luguesa, ademais de participar en xuntanzas con grupos de investigación, empresas ou colectivos de mocidade investigadora, entre outros.

O Campus Terra de Lugo, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, nace como resultado do acordo entre a USC e a Secretaría Xeral de Universidades, dependente da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, coa intención de transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.
 

The contents of this page were updated on 02.21.2025.