Skip to main content

Conferencia do ministro da Embaixada de Xapón en Madrid Shinji Minami

11.14.2024 | 12.00h

Abordará as relacións bilaterais entre Xapón e España e a situación de Asia Oriental

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. FOTO: Santi Alvite

O ministro (segundo xefe) da Embaixada de Xapón en Madrid, Shinji Minami, ofrece o xoves 14 de novembro a partir das 12.00 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais unha conferencia na que abordará as relacións bilaterais entre Xapón e España e a situación de Asia Oriental.

O ministro Minami (Kanagawa, Xapón, 1973) ingresou en 1996 no Ministerio de Asuntos Exteriores de Xapón, ocupando diversos cargos tanto no seu país natal como en oficinas diplomáticas no exterior, ata que en xullo de 2022 foi nomeado ministro da Embaixada de Xapón en Madrid, cargo que segue a ostentar na actualidade.

The contents of this page were updated on 10.29.2024.