Skip to main content

Humanidades reflexiona arredor do vínculo entre xestión cultural e disciplinas artísticas

A xestión cultural e o valor das súas sinerxías, xunto coa presentación de traballos fin de mestrado, así como proxectos elaborados por estudantado da Escola, integran parte dos contidos deste foro
A xestión cultural e o valor das súas sinerxías, xunto coa presentación de traballos fin de mestrado, así como proxectos elaborados por estudantado da Escola, integran parte dos contidos deste foro
O foro froito da colaboración entre USC e a EASD Ramón Falcón serviu de marco para conectar os traballos realizados polo estudantado coa sociedade lucense e a súa contorna
Lugo

USC e a EASD Ramón Falcón organizan conxuntamente a primeira edición do foro ‘Arte e deseño en Lugo, dos procesos creativos á xestión cultural’, que se desenvolveu este xoves 24 na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. A xestión cultural e o valor das súas sinerxías, xunto coa presentación de traballos fin de mestrado, así como proxectos elaborados por estudantado da Escola, integran parte dos contidos deste foro dirixido tamén ao conxunto da cidadanía. “A xornada pretende ser unha mostra do traballo que se está a realizar nas dúas institucións arredor da xestión cultural e as disciplinas artísticas e servir de plataforma para a difusión e visibilización do traballo do estudantado”, explican Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da Facultade de Humanidades, e Ángela Morales, vicedirectora da EASDRF.

Abriu a sesión da mañá a conferencia de María Valcárcel, xornalista cultural, profesora da USC e directora da empresa Nomenklaturas, seguida de Rebeca Maseda, fundadora do proxecto MindoMúsica, coordinadora musical da Fundación Pública Andaluza Barenboim-Said e profesora da Universidad Loyola de Sevilla. Pola tarde as conferencias trasládanse á EASDRF, co relatorio de Jorge López, profesional do audiovisual e director de fotografía en Tamboura Films, e o público asistente ten a posibilidade de visitar os talleres e o Fab-Lab da EASDRF acompañado do profesorado do centro.

Un dos puntos de interese da xornada foi a presentación de traballos realizados polo estudantado. Os proxectos que se amosaron nesta primeira edición foron o Traballo de Fin de Mestrado (TFM) de Ana B. Ferreiro, estudante do Mestrado en Servizos Culturais da USC que presentou ‘Bailarinas de pés descalzos. Proxecto expositivo sobre as pioneiras da danza moderna en España’ e os Proxectos Integrados dos ciclos de Fotografía e Cerámica Artística das estudantes da EASDRF Belén Lozano e Tania Villamarín titulados ‘Io Magari’ e ‘Na casa’.
 

Abriu a sesión da mañá a conferencia de María Valcárcel
Abriu a sesión da mañá a conferencia de María Valcárcel
The contents of this page were updated on 10.24.2024.