Nova edición do Premio Humanitas, convocado conxuntamente polo Consello Social e Alumni USC
O Consello Social e Alumni USC veñen de convocar unha nova edición do premio Humanitas 2022, coa que se busca recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente en Galicia persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións implicadas en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade.
As candidaturas para o premio Humanitas, dotado de 2.000 euros, presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 15 de novembro de 2024. Poden presentar candidaturas de acordo cos requirimentos establecidos no texto da convocatoria membros do Consello Social, de Alumni-USC ou da propia comunidade universitaria.