Organizer: Escola Politécnica Superior
Este ciclo de conferencias que forman parte do Plan Formativo de Campus Terra, teñen por obxecto facilitar aos participantes formación imprescindible para a convivenvia e utilización de aeronaves non tripuladas en distintos ámbitos de traballo.
Esta formación impártense por xefes de distintos servizos e de divisións UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), empresas punteiras en tecnoloxías de aeronaves non tripuladas, permitindo que os alumnos, empresas, profesionais e os reguladores se manteñan ao día sobre as últimas novidades e tendencias neste sector e poidan tomar decisións máis informadas e adaptarse ás necesidades cambiantes deste sector.
PROGRAMA:
Luns 7 de outubro de 2024
- 16:00 a 18:30| Reglamentación.
Laura López Sanz, Xefa do Servizo de Operacións UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA). - 18:30 a 20:00| Aeromodelismo.
Francisco Javier Muñoz Sánchez, Xefe do Servizo de Formación e Tecnoloxía UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Martes 8 de outubro de 2024
- 16:00 a 18:30| Certificación do piloto.
Francisco Javier Muñoz Sánchez, Xefe do Servizo de Formación e Tecnoloxía UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA). - 18:30 a 20:00| Procedementos operacionáis.
Laura López Sanz, Xefa do Servizo de Operacións UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Mércores 9 de outubro de 2024
- 16:00 a 20:00| Certificación de aeronaves.
Elsa Solera de Andrés, responsable de aeronavegabilidade UAS do INTA.
Luns 14 de outubro de 2024
- 16:00 a 20:00| Avaliación de riscos.
Juan Moya Hernández, Técnico da División de Sistemas de UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA). - Martes 15 de outubro de 2024
16:00 a 20:00| Requisitos técnicos dos UAS.
Roberto Gándara Ossel, Xefe da División UAS da Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA).
Neste ciclo de conferencias abórdanse, en primeiro lugar, as distintas operacións dos UAS, xa que estas poden ser moi diferentes segundo o tipo de actividade que se vaia realizar, que se fale sobre as mellores prácticas en canto ás operacións dos UAS, así como sobre as características que deben ter estes dispositivos para adaptarse a cada situación. Tamén será fundamental tratar a lexislación en torno ás aeronaves non tripuladas. É importante que os usuarios sexan conscientes das últimas tendencias e tecnoloxías, e que recoñezan cal é o marco legal que permite o desenvolvemento seguro e sostible das aeronaves non tripuladas. É necesario, por tanto, que se fale sobre as leis e regulacións existentes, así como sobre as posibles modificacións futuras.
Por último, é importante tratar o tema da certificación das aeronaves non tripuladas. A certificación é unha ferramenta fundamental para garantir que as aeronaves non tripuladas cumpran con todas as normas de seguridade e calidade necesarias. É, por tanto, esencial que se fale sobre os procesos de certificación existentes, así como sobre os retos e oportunidades que se presentan neste ámbito.
Os interesados en participar en este ciclo de conferencias poden inscribirse a través do seguinte enlace