Organizer: Escola Politécnica Superior
O curso promovido pola Escola Politécnica Superior, estrutúrase arredor de cinco sesións de docencia presencial e síncrona de tres horas de duración xunto con cinco horas adicionais de traballo autónomo asíncrono por parte dos docentes para desenvolver exercicios teóricos e un traballo final práctico.
O Curso impartido por Marcos Ferández Pichel e Rodrigo Martínez Castaño ten como obxectivo coñecer o uso educativo dá intelixencia artificial (IA) para a docencia universitaria, aprender a integrar na docencia as ferramentas de IA no marco de diferentes estratexias metodolóxicas e analizar as posibilidades da IA na avaliación dos estudantes, cara ao pensamento crítico, a creatividade e a resolución de problemas.
A primeira sesión versará sobre o Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) e IA xenerativa. A segunda sesión será práctica e sobre o uso de ChatGPT e na terceira sesión se profundizará sobre os sesgos, implicacións na docencia, investigación...etc. As dúas últimas xornadas serán sesións prácticas de comparativa de diferentes ferramentas de xeración de texto e imaxes e a presentación do traballo final.
Os interesados en participar neste curso teñen que encribirse no seguinte enlace. As prazas límitanse a 20 persoas.