Skip to main content

Curso: Google Analytics 4-Transformando Datos en Decisións Estratéxicas

04.24.2024 | 15.30h-20.30h

Aula de Informática 2

Organizer: Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Adquirir un coñecemento profundo e aplicado de Google Analytics 4, a última evolución en análise web e de aplicacións.

Foto Arquivo
Foto Curso

INSCRICIÓN

MODALIDADEPresencial. Facultade de Administración e Dirección de Empresas 

PÚBLICO OBXECTIVO: Alumnado de grao e master.

CONTIDO: 

  • Profundar en Google Analytics 4: Proporcionar aos participantes un coñecemento avanzado sobre as novas características e capacidades de Google Analytics 4, enfocándose en como pode ser utilizado especificamente para analizar e mellorar a presenza dixital, centrándose no caso de empresas no sector agroalimentario. 
  • Análise de Datos para a Toma de Decisións: Capacitar aos asistentes na interpretación e aplicación dos datos recollidos a través de Google Analytics 4 para tomar decisións informadas que impulsen a eficiencia operativa, a optimización de campañas de márketing e a mellora da experiencia do cliente. 
  • Estratexias de Implementación Personalizadas: Orientar aos participantes na configuración e personalización de Google Analytics 4 para satisfacer as necesidades específicas do sector agroalimentario, incluíndo o seguimento de obxectivos relevantes, a configuración de eventos personalizados e a utilización de informes avanzados para estratexias de márketing e operacións máis efectivas. 

PROGRAMA

  1. Introdución a Google Analytics 4.
  2. Configuración Básica de GA4.
  3. Entendendo a Interface de Usuario de GA4.
  4. Análise de Audiencia e Comportamento do Usuario.
  5. Rastrexo Avanzado e Configuración de Eventos.
  6. Informes e Dashboards Avanzados.
  7. Estratexias Aplicadas: O caso dunha empresa agroalimentaria.

COORDINA: Sandra Castro González 

IMPARTE: José María Cid Guede 

PRAZAS: 45