Transferencia tecnolóxica industrial
A actividade investigadora do Grupo Acuigen ten unha clara proxección cara á Transferencia Tecnolóxica a Empresas e Administracións relacionadas coa acuicultura e o medio ambiente. Seguindo esta filosofía, no ano 2012 créase a empresa GENEAQUA; Geneaqua é unha empresa de base tecnolóxica (EBT), spin-off da Universidade de Santiago de Compostela que centra a súa actividade en prover servizos de xenética ás empresas acuícolas, que faciliten unha mellora da súa produción de maneira rendible e sustentable, baseándose na aplicación de tecnoloxía xenética molecular e de campos afíns.
Servizos para a investigación
- Plataforma tecnolóxica de secuenciación e xenómica funcional
- Secuenciación e análise de fragmentos de ADN.
- Tecnoloxía de microarrays e análise de expresión xénica.
- Desenvolvemento de ferramentas xenómicas:
- Desenvolvemento de marcadores moleculares.
- Construción de librerías xenéticas.
- Construción de mapas xenéticos.
Plataforma de Peixe Zebra
- Subministración de embrións.
- Xenograft de células tumorais.
- Análises de toxicidade.
- Divulgación científica.