Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Calidade e acreditación

O laboratorio de Xenética Forense do INCIFOR, é un laboratorio de ensaio acreditado por ENAC con acreditación nº 998/LE1900 de acordo á norma UNE-EN ISO/IEC 17025 (2017), recoñecemento da competencia técnica dos nosos ensaios, obtendo a acreditación no ano 2012.

Persoal do servizo

A implantación desta Norma foi necesaria debido a que no ámbito forense existe unha esixencia legal para aqueles laboratorios que realizan traballos en criminalista e que introduzan perfís xenéticos nas bases de datos da policía, recollida na Lei Orgánica 10/2007, do 8 de outubro, reguladora da base de datos policial sobre identificadores obtidos a partir do ADN. Esta Lei Orgánica establece que “só poderán realizar análise do ADN para identificación xenética nos casos contemplados nesta Lei os laboratorios acreditados a tal fin pola Comisión Nacional para o uso forense do ADN que superen os controis periódicos de calidade a que deban someterse”.

Un dos requisitos desta Norma fai referencia á validación dos métodos de ensaio acreditados. Este proceso de validación engloba tanto a calibración dos nosos equipos con estándares recoñecidos, a demostración do correcto uso e funcionamento dos métodos de ensaio, e a cualificación do persoal para a realización destes procedementos.

The contents of this page were updated on 03.27.2025.