Aula de Actividades Deportivas, Pavillón IV e Microsoft Teams
Organizer: Facultade de Veterinaria
A actividade promovida pola Facultade de Veterinaria e incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra da USC desenvólvese os días 10 e 17 de novembro. A inscrición é gratuíta e permanece aberta en liña
A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC promove a celebración dun obradoiro de xestión de estrés, a fin de mellorar a saúde e o rendemento académico do alumnado. Esta actividade, incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra da USC, está coordinada por Maribel Quiroga e será impartida por Isabel Porto Golpe, Carmen Fernández Morante e Lorena Casal Otero os días 10 e 17 de novembro, en quenda de 12.00 a 15.00 horas, na Aula de Actividades Deportivas, Pavillón IV e na Aula Norvet a través da plataforma Ms Teams respectivamente.
O obradoiro, para que se ofrecen un total de 30 prazas e que xa mantén aberto o prazo de inscrición en liña, achegará recursos ás persoas participantes para recoñecer que é o estrés, como distinguir o positivo e o negativo; identificar as contribucións do estrés aos trastornos do organismo, e tamén para afrontar este tipo de episodios.