A EPS de Enxeñaría acolle este luns un módulo formativo sobre manexo avanzado de software QGIS, cuxas sesións se prolongarán ata o venres no edificio Cactu
A EPS de Enxeñaría acolle desde hoxe ata o venres, a partir das 10.00 horas, na Aula de Informática 3, un curso de avanzado de manexo de software QGIS. As sesións deste módulo, incluído no programa de formación do Campus Terra 2023 e dirixido pola profesora María José Iniesto, terán continuidade ata o venres 29 no edificio Cactus de Lugo.
O curso, que aínda mantén aberta a inscrición, estrutúrase arredor de cinco sesións de docencia presencial de 3 horas de duración, que se completarán con cinco horas adicionais de traballo autónomo por parte dos participantes. As sesións presenciais, aínda que o curso é fundamentalmente práctico, contarán cunha breve parte de exposición de conceptos e unha segunda destinada ao desenvolvemento de exercicios prácticos que serán resoltos de xeito simultáneo entre docentes e participantes.
Os contidos do programa inclúen formación sobre análise espacial con ferramentas de xeoprocesamento vectorial; análise xeoestatístico, de exploración de datos, patróns espaciais e métodos de interpolación espacial. Os modelos dixitais do terreo, o procesado de datos LiDAR, a análise de redes e o cálculo de rutas óptimas e a elaboración de cartografía temática, completan o abano de contidos que impartirán Lucía Trancón Loureiro, Pablo Carballo e María Iniesto.