Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Sesión científica sobre actualización en farmacoterapia, competencia microbiana e vacinas

Sesión científica sobre actualización en farmacoterapia, competencia microbiana e vacinas

A Academia de Farmacia de Galicia desenvolve esta tarde, ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, unha sesión científica sobre actualización en farmacoterapia, competencia microbiana e vacinas.

Coordinada polo catedrático de Microbioloxía da USC Tomás González Villa, na sesión participarán o catedrático de Parasitoloxía da USC José Manuel Leiro co relatorio ‘Papel da microbiota na enfermidade inflamatoria intestinal’; a directora de I+D Biofabri S.L., Eugenia Puentes Colorado, con ‘MTVAC nova vacina contra a tuberculose’; e Adolfo Paradela Carreiro, do Servizo de Farmacia do Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo.

The contents of this page were updated on 06.22.2023.