Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Guía práctica para obter unha patente

Foto: Pixabay
Foto: Pixabay

O persoal universitario relacionado directa ou indirectamente coa innovación está chamado a participar o vindeiro 20 de febreiro no obradoiro práctico gratuíto sobre obtención de patentes que organizan conxuntamente a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Na xornada, a desenvolver a partir das 10.00 horas no Edificio Emprendia, repasaranse a través de exemplos prácticos os conceptos de patentabilidade –novidade e actividade inventiva– co obxecto de comprender o funcionamento básico da súa análise.

O obradoiro impartirao o Axente de Patentes Europeas cualificado dende 2018 Miguel Lorca Melton, titulado en Química Orgánica pola Autónoma de Madrid e con traballos de investigación na Florida State University. O relator conta con máis de 13 anos de experiencia na redacción, tramitación e defensa de patentes, así como na elaboración de informes de patentabilidade e infracción.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do día 19 no enderezo carolina@bioga.org.

The contents of this page were updated on 02.14.2018.