Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

A masiva afluencia de público á conferencia do Nobel John Nash superou todas as expectativas dos organizadores de ConCiencia

Na conferencia acompañaron a Nash (segundo pola dereita) o reitor e o alcalde de Santiago, entre outras personalidade
Na conferencia acompañaron a Nash (segundo pola dereita) o reitor e o alcalde de Santiago, entre outras personalidade
Centos de persoas quedaron ás portas da conferencia no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia

Centos de persoas achegáronse este mércores ao Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia para asistir á charla de John Forbes Nash, Premio Nobel de Economía 1994, máis coñecido popularmente pola película Unha mente marabillosa (2002). Foi tal a expectación creada por ver a este xenio matemático que o aforo da sala quedou pequeno e moitas persoas non puideron escoitar a súa intervención sobre o diñeiro ideal e o diñeiro asintóticamente ideal, nun acto ao que asistiron o reitor e o alcalde compostelán, entre outras personalidades.
Previamente, o Premio Nobel fora recibido por Senén Barro Ameneiro no seu despacho de San Xerome, onde deixou a súa impronta no Libro de Firmas da Universidade de Santiago.

The contents of this page were updated on 11.22.2007.