Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Antonio Mosquera González toma posesión como director da ETSE

O profesor do Departamento de Electrónica e Computación Antonio Mosquera González tomará posesión este venres 20 como director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Antonio Mosquera sucede no cargo a Juan Lema Rodicio, director do centro dende o ano 2003. O equipo de dirección confórmano ademais Francisco Omil Prieto, do Departamento de Enxeñaría Química, como subdirector e Purificación Cariñena Amigo, do Departamento de Electrónica e Computación, como secretaria.

O acto protocolario de toma de posesión, que presidirá o reitor Juan Casares Long, terá lugar ás 13.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

The contents of this page were updated on 07.19.2012.