Rafael Martínez Castro, novo decano da Facultade de Filosofía
O profesor do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social Rafael Martínez Castro foi elixido esta semana novo decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago. Martínez Castro, que substitúe no cargo ao profesor Luis García Soto logo de dous mandatos á fronte do centro, foi apoiado na votación por unha amplísima maioría da xunta de facultade.