Skip to main content

Últimas prazas para apuntarse nos grupos de prevención da depresión e nos obradoiros de control do estres e a ansiedade

As persoas interesadas en participar nos Grupos de Prevención da Depresión e os obradoiros de Control del Estres e a Ansiedade dispoñen dos últimos días para apuntarse a este iniciativa que desenvolve ‘Xuntos. Atención Psicológica y Psiquiátrica’, empresa de base tecnolóxica que crean investigadores/as da Unidade de Trastornos Depresivos da USC. Quen desexe acadar máis información pode dirixirse ao teléfono 881256238 ou ao correo electrónico xuntos [at] cop.es (xuntos[at]cop[dot]es). O equipo de Xuntos conta co asesoramento científico dos docentes Fernando L. Vázquez González e Ángela J. Torres Iglesias, dos Departamentos de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía e de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. O resto do equipo está constituído polas doutoras en Psicoloxía Clínica Vanessa Blanco, Patricia Otero e Elisabet Hermida, con ampla experiencia en todas as áreas de servizo. A partir da primeira semana do próximo mes de xuño, os obradoiros de control do estre e a ansiedade desenvolveranse en catro sesións dunha hora con grupos en horario de mañá ou de tarde tendo como obxectivo dotar ás persoas que se inscriban de habilidades para aprender a relaxarse. Pola súa banda, o grupo de prevención da depresión consistirán en seis sesións en grupo dunha hora e media de duración na que as persoas que participen aprenderán distintos procedementos para previr a aparición dunha depresión futura.

The contents of this page were updated on 05.29.2013.