Breve currículum vítae
Diana Santiago Iglesias é profesora titular da área de Dereito Administrativo. As súas liñas de investigación abranguen o dereito local, servizos públicos, contratación administrativa, e organización administrativa.
Ten realizado diversas estancias en centros de referencia internacional e participou de forma ininterrompida, dende o comezo da súa carreira académica, en proxectos de investigación financiados a través de convocatorias públicas en réxime de concorrencia, tanto como investigadora principal como membro do equipo de investigación. Así, foi investigadora principal do proxecto ‘Instrumentos xurídicos para a loita contra a despoboación no ámbito rural’. É autora dos libros Las sociedades de economía mixta como forma de gestión de los servicios públicos locales e La jurisprudencia y su función en el ordenamiento jurídico administrativo. Elaborou múltiples artigos e capítulos de libro, tanto en España como no estranxeiro, publicados en revistas de impacto e editoriais de prestixio internacional.