A Aula de Teatro da USC estrea o seu novo traballo
O mércores 10 de decembro, ás 21.00 horas, estréase no Salón Teatro a peza 'Irmás' de Pascal Rambert, a produción da Aula de Teatro da USC do curso 2025-2026 dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto compóñeno Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo.
O pase, de 1 hora de duración, é con acceso de balde previa recollida de entradas na billeteira (máx. 2/persoa) a partir das 19.00 horas.
Sobre o autor da peza
Pascal Rambert (1962, Niza), dramaturgo, director de escena e cine, actor e realizador, é autor dunha extensa obra dramática, na que destacan títulos como Clausura de amor, Finlandia, Ensaio ou A arte do teatro. Recibiu en 2016 o Premio de Teatro da Academia Francesa ao conxunto da súa obra, caracterizada por unha arriscada experimentación da linguaxe, constituíndo na actualidade unha referencia mundial da escena contemporánea.