Skip to main content

Estrea teatral

'Irmás', de Pascal Rambert

12.10.2025 | 21.00h

Salón Teatro do CDG. Rúa Nova, 34.
Santiago de Compostela

A Aula de Teatro da USC estrea o seu novo traballo

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O mércores 10 de decembro, ás 21.00 h, estréase no Salón Teatro a peza 'Irmás' de Pascal Rambert, a produción da Aula de Teatro da USC do curso 2025/2026 dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto o compoñen Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo.

O pase, de 1 hora de duración, é con acceso de balde, previa recollida de entradas na billeteira (máx. 2/persoa) a partir das 19.00 h.

Sobre o autor da peza

Pascal Rambert (1962, Niza), dramaturgo, director de escena e cine, actor e realizador, autor dunha extensa obra dramática, na que destacan títulos como Clausura de amor, Finlandia, Ensaio, A arte do teatro, recibiu en 2016 o Premio de Teatro da Academia Francesa ao conxunto da súa obra, caracterizada por unha arriscada experimentación da linguaxe, constituíndo na actualidade unha referencia mundial da escena contemporánea.

Cartel
Cartel
The contents of this page were updated on 12.05.2025.