Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Ensaio de teatro
Cursos de formación teatral.

Oferta de formación que abrangue desde a iniciación ao teatro á interpretación, a dirección teatral ou a escrita dramática.

  • Campus de Santiago

    Xoves 18 de setembro de 2025, 20.00 h

    Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade. Campus Sur)

    Presentación do programa da Aula de Teatro

    Encontro aberto a todas as persoas interesadas na actividade teatral, desde a formación ata a produción escénica. Presentaremos o programa a desenvolver durante este curso académico e poderás preguntar e resolver calquera dúbida que teñas ao respecto do traballo a realizar: probas de acceso, matrículas, contidos, profesorado, etc.

    Luns 22,  martes 23 e mércores 24 de setembro de 2025, desde as 18.00 h

    Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade. Campus Sur)

    Probas de acceso

    Durante estes tres días podes acudir a esta convocatoria onde o que facemos é realizar unha serie de exercicios e entrevistas para coñecer o perfil das persoas que se presentan e o seu interese específico (iniciarse na arte dramática, avanzar en coñecementos, etc.) e así poder suxerirlles os espazos onde mellor poden estar: compañía de teatro, escola de teatro e/ou cursos de iniciación ao teatro.

    Non precisas ter experiencia previa.

    Luns 29 de setembro de 2025

    Inicio da matrícula na Escola de Teatro e nos Cursos de Iniciación ao Teatro

    Unha vez confirmada a admisión nos diferentes espazos poderás formalizar a túa matrícula desde o 29 de setembro ata o 5 de outubro no enderezo electrónico area.cultura@usc.gal

    Luns 6 de outubro de 2025 Inicio da actividade teatral nos diferentes espazos: Compañía de Teatro, Escola de Teatro e Cursos de Iniciación ao Teatro

    Campus de Lugo

    Información pendente de publicar

  • A USC recoñece os cursos de formación cultural organizados pola Área de Cultura a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de danza (RR del 5/12/2025) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 1 crédito por cada curso de 25 horas de duración (máximo 12 créditos en total).

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros

Novas relacionadas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2025.