O estudantado do MERYCSE, na Feira Internacional da electrificación e a descarbonización
Aproveitando a ocasión, o mestrado da USC estableceu contactos para ampliar a oferta de prácticas externas
Ler máis
O Faro de Montedor entra na rede ‘Atlantic Sunset’ de escenarios clave para gozar do último solpor da Europa continental
A placa e mesa interpretativa que se inauguran este 18 de novembro en Viana do Castelo son as primeiras que se colocan en Portugal ao abeiro deste proxecto no que participa a USC
Ler máisAs Facultades de Ciencias reivindican o seu papel estratéxico no desenvolvemento social
Na cerimonia entregáronse os premios da décimo segunda edición do concurso fotográfico ‘A Ciencia en Imaxe’
Ler máisO centenario da mecánica cuántica protagoniza a oitava Semana da Ciencia do IGFAE
O programa, do 8 ao 14 de novembro, inclúe achegamentos á cuántica desde diversas disciplinas, como a maxia, a música jazz e a danza contemporánea, entre outros, e contará co relatorio da física compostelá Antía Lamas Liñares
Ler máisDeseñan un método para a reconstrución de fluxos de aire en espazos urbanos co que concibir zonas máis sostibles e habitables
Esta nova metodoloxía na que participa un equipo da USC é clave en multitude de aplicacións coma os estudos de confort térmico, a dispersión da contaminación e a avaliación de riscos ante situacións meteorolóxicas extremas
Ler máisNova edición do concurso fotográfico A ciencia en imaxe
O concurso está organizado polas Facultades de Ciencias, Bioloxía, Física, Matemáticas e Química da USC e o apoio da Real Academia Galega de Ciencias. O prazo para participar esténdese ata o 10 de novembro
Ler máisO IGFAE organiza unha xornada de portas abertas para estudantes da Facultade de Física
A iniciativa, que terá lugar o xoves 23 de outubro, está promovida pola Delegación de Alumn@s de Física, co obxectivo de dar a coñecer o labor do centro de investigación entre o estudantado de grao
Ler máisEPSE e Física súmanse á conmemoración da Semana Mundial do Espazo
O programa integrado por múltiples actividades divulgativas ten como obxectivo achegar o estudantado ás diferentes aplicacións do sector aeroespacial
Ler máisO divulgador Antonio Turiel analizou na USC a crise de sustentabilidade e transición enerxética
Foi unha actividade promovida dentro das actividades do mestrado de excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable (MERYCSE) e coa colaboración da Facultade de Bioloxía
Ler máisUn estudo da USC e da Rutgers University redefine a forma de medir a dispoñibilidade da auga a escala global
A investigación na que participa o profesor Gonzalo Míguez Macho logra explicar por que áreas como o Delta interior do Okavango, en pleno deserto en Botswana, dispoñen de máis auga da que cabería esperar se só se considerasen as precipitacións
Ler máisCiencia, cultura, turismo sustentable e cooperación europea arredor do último solpor da Europa continental
O proxecto Atlantic Sunset, no que participa a USC, conmemorou na Costa da Morte o Interreg Cooperation Day 2025
Ler máisEstudantado da USC organiza un torneo de xadrez para toda a comunidade universitaria
A dinámica das contendas baséase en enfrontamentos individuais, ao estilo clásico, cunha duración que ronda as dúas horas
Ler máisAtlantic Sunset conmemorará o Interreg Cooperation Day cun evento de posta en valor do último solpor da Europa continental
Este proxecto foi o seleccionado polo programa Interreg da Unión Europea para esta celebración na área atlántica
Ler máisO IGFAE lidera a primeira medición completa do retroceso dun buraco negro
Unha década despois da detección da primeira onda gravitacional, os resultados da investigación publicada en ‘Nature Astronomy’ subliñan o valor do estudo destas ondas para entender un dos eventos máis extremos que se producen no Universo
Ler máis