Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Física

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Física y astronomía.
Centro(s)
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Maria Elena Lopez Lago
Contacto
elena.lopez.lago@usc.es

Este máster, esencialmente investigador, proporciona unha formación actual de vangarda en Física, que permite tamén a inserción profesional dos egresados en empregos de distintos sectores produtivos como o académico, o industrial, o tecnolóxico ou o investigador.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4314596
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 33

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA ELENA LOPEZ LAGO

    Coordinador-a do título:
    Maria Elena Lopez Lago
    elena.lopez.lago@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    24/10/2014 (DOG 06/11/2014)

    Data de publicación no BOE:
    22/08/2015 (Modificación do 7/04/2023)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    O Máster en Física é esencialmente investigador, aínda que, á vez, proporciona unha formación actual de vangarda que permite a inserción profesional dos egresados en empregos de distintos sectores produtivos que abarcan desde o sector académico ata o industrial pasando por empregos de perfil tecnolóxico e investigador. Existen tres doutoramentos con un forte anclaxe neste máster como son o de Física Nuclear e de Partículas e o de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais (ambos con mención de excelencia) e o de Láser, Fotónica e Visión, articulados en torno aos docentes implicados neste máster.

    Desde o punto de vista estrutural, convén resaltar que este máster, único no Estado, supón a continuación de estudos do Grao en Física, á súa vez único no Sistema Universitario Galego.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorios: 6
    Optativos vinculados: 24
    Optativos libres e/ou vinculados:18
    Traballo fin de máster: 12
    Total: 60

    Para obter o título de Máster Universitario en Física, do total dos créditos propostos, o alumnado deberá cursar os 6 créditos das materias obrigatoria, 12 créditos do Traballo de fin de máster, 24 correspondentes a materias dos módulos de optativas vinculadas a calquera das catro especialidades do mestrado e, os outros 18 restantes, pode elixilos de entre os contidos no catálogo de optativas libres ou vinculadas.

    O título contempla as seguintes especialidades:

    - Física Nuclear e de Partículas
    - Física da Materia
    - Física da Luz e a Radiación
    - Física Fundamental

    Ademais dos requisitos xerais do título, para obter algunha das especialidades previstas, o alumno/a deberá cumprir as seguintes condicións:

    1) Cursar polo menos 12 ECTS de materias vinculadas á especialidade elixida.
    2) Realizar o TFM vinculado á devandita especialidade.

  • Este máster, esencialmente investigador, proporciona unha formación actual de vangarda en Física, que permite tamén a inserción profesional dos egresados en empregos de distintos sectores produtivos como o académico, o industrial, o tecnolóxico ou o investigador.

  • Modalidade: requisitos xerais

    Titulacións de acceso:

    -Licenciatura ou grao en Física
    -Titulacións da rama de ciencias, e de Enxeñaría e Arquitectura.

    Información actualizada en cada convocatoria de matícula

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    Portal Internacional

    Prácticas

    Non se contemplan

  • 1.- TRABALLO FIN DE MÁSTER (ESPECIALIDADE EN FÍSICA NUCLEAR E DE PARTÍCULAS)
    No presente TFM o alumno desenvolverá unha memoria relativa a algún aspecto avanzado do sector da Física Nuclear e de Partículas con vistas á súa posterior defensa pública ante un tribunal designado ao efecto.
    A memoria citada no apartado anterior deberá versar sobre algún aspecto relacionado coa Física Nuclear e de Partículas, entre as que poderían citarse as seguintes:
    a. Estudo dos constituíntes fundamentais da materia.
    b. Modelo estándar das interaccións fundamentais e as súas posibles extensións.
    c. Manexo das principais técnicas experimentais e computacionais da Física Nuclear e de Partículas.
    d. Estrutura astrofísica ou reaccións nucleares.

    2.- TRABALLO FIN DE MÁSTER (ESPECIALIDADE EN FÍSICA DA MATERIA)
    No presente TFM o alumno desenvolverá unha memoria relativa a algún aspecto avanzado do sector da Física da Materia con vistas á súa posterior defensa pública ante un tribunal designado ao efecto.
    A memoria citada no apartado anterior deberá versar sobre algún aspecto relacionado coa Física da Materia, entre as que poderían citarse as seguintes:
    a. Estrutura da materia e a súa caracterización: teoría e técnicas experimentais.
    b. Análise dos estados da materia.
    c. Transicións de fase.
    d. Física de sistemas na nanoescala.
    e. Estrutura e propiedades electrónicas.
    f. Física de superficies.
    3.- TRABALLO FIN DE MÁSTER (ESPECIALIDADE EN FÍSICA DA LUZ E A RADIACIÓN)
    No presente TFM o alumno desenvolverá unha memoria relativa a algún aspecto avanzado do sector da Física da Luz e a Radiación con vistas á súa posterior defensa pública ante un tribunal designado ao efecto. A memoria citada no apartado anterior deberá versar sobre algún aspecto relacionado coa Física da Luz e a Radiación, entre as que poderían citarse as seguintes:
    a. Xeración e caracterización física de estados clásicos e cuánticos da luz e da radiación electromagnética.
    b. Propagación e interacción lineal e non lineal da luz coa materia e estruturas materiais nos dominios espacial e temporal.
    c. Estratexias e sistemas de transmisión da luz e a radiación electromagnética.
    d. Procesado clásico e cuántico de información óptica.
    e. Propiedades da luz e da radiación.
    f. Deseño de sistemas ópticos e instrumentación óptica.
    4.- TRABALLO FIN DE MÁSTER (ESPECIALIDADE EN FÍSICA FUNDAMENTAL)
    No presente TFM o alumno desenvolverá unha memoria relativa a algún aspecto avanzado do sector da Física Fundamental con vistas á súa posterior defensa pública ante un tribunal designado ao efecto.
    A memoria citada no apartado anterior deberá versar sobre algún aspecto relacionado coa Física Fundamental, entre as que poderían citarse as seguintes:
    a. Mecánica cuántica avanzada.
    b. Física de fluídos.
    c. Electrodinámica clásica.
    d. Acústica.
    e. Fenómenos de transporte de enerxía, materia, cantidade de movemento, etc.
    f. Física médica e dosimetría.
    g. Física medioambiental.
    Nesta materia o alumno desenvolverá competencias específicas propias do ámbito científico asociado a súa temática, ademais de competencias xerais na elaboración, exposición e defensa de memorias complexas de docencia e investigación.
    A metodoloxía docente consistirá en seminarios e titorización individualizada dos alumnos e os criterios e método de avaliación será a elaboración dunha memoria e defensa pública da mesma ante unha Comisión designada ao efecto.

  • O profesorado está composto por profesores que pertencen a departamentos da propia Universidade, con experiencia docente e investigadora moi ampla nos campos implicados na titulación.

    Profesorado
    Eva Maria Acosta Plaza
    Christoph Adam
    Pablo Aguiar Fernández
    Aaron Jose Alejo Alonso
    Hector Alvarez Pol
    Alfredo Jose Amigo Pombo
    Francisco Jose Ares Pena
    Nestor Armesto Perez
    Yago Arosa Lobato
    Francesc Yassid Ayyad Limonge
    Silvia Barbosa Fernandez
    Riccardo Borsato
    Maria Del Pilar Brocos Fernandez
    Manuel Caamaño Fresco
    Diego Cabello Ferrer
    Juan Calderon Bustillo
    Maria Encina Calvo Iglesias
    Carlos Carballeira Romero
    Álvaro Caride-Tabarés Sánchez
    Francisco Javier Castro Paredes
    Lorenzo Cazon Boado
    Xabier Cid Vidal
    Raul De La Fuente Carballo
    Thomas Dent
    Jose Daniel Edelstein Glaubach
    Daniel Failde Balea
    Beatriz Fernandez Dominguez
    Josefa Fernandez Perez
    Maria Teresa Flores Arias
    Rebeca Garcia Fandiño
    Maria Jesus Garcia Guimarey
    Faustino Gomez Rodriguez
    Ana Isabel Gómez Varela
    Manuel Maria Gonzalez Alemany
    Diego Gonzalez Diaz
    Elena Gonzalez Ferreiro
    Jose Angel Hernando Morata
    Jesus Liñares Beiras
    Maria Elena Lopez Lago
    Maria Elena Lopez Martin
    Diego Martinez Hernandez
    Javier Mas Sole
    Trinidad Mendez Morales
    Carlos Miguel Merino Gayoso
    Gonzalo Miguez Macho
    Jose Luis Miramontes Antas
    Carlos Montero Orille
    Hadrián Montes Campos
    Jesus Manuel Mosqueira Rey
    Maria Dolores Mouriz Cereijo
    Victor Pardo Castro
    Maria Jose Perez Comuñas
    Alberto Pérez Muñuzuri
    Vicente Pérez Muñuzuri
    Angel Piñeiro Guillen
    Maximo Plo Casasus
    Xesus Prieto Blanco
    Gerardo Prieto Estévez
    Juan Antonio Rodriguez Gonzalez
    Juan Manuel Ruso Veiras
    Juan Jose Saborido Silva
    Cibran Santamarina Rios
    Pablo Taboada Antelo
    Antonio Topete Camacho
    Carolina Torron Casal
    Luis Miguel Varela Cabo
    Alfonso Vázquez Ramallo
    Manuel Vazquez Ramallo
    Pablo Vazquez Regueiro
    Jose Antonio Veira Suarez
    Bin Wu
    Enrique Zas Arregui
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.