Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Física

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Física y astronomía.
Centro(s)
Facultade de Física
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813952 (Conserxería)
881813954 (Decanato)
fisica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de fisica

A Física como disciplina científica focalizouse tradicionalmente na investigación científica e a docencia como ámbitos de actuación. Non obstante, o físico na actualidade desenvólvese en áreas profesionais moi dispares, como a sanidade, a informática, a economía ou as comunicación, debido á versatilidade da súa formación.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501102
    Número prazas: 90

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA ELENA LOPEZ LAGO
    elena.lopez.lago@usc.gal

    Coordinador-a do título:
    Maria Elena Lopez Lago
    elena.lopez.lago@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010 (modificación: 20 de outubro de 2010)

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    Tradicionalmente, os ámbitos de actuación da Física como disciplina científica centrábanse fundamentalmente ao redor da docencia e investigación, campos nos que se situou nun lugar de privilexio dados os numerosos e importantes avances que promoveu ao longo da historia, moitos determinantes para o desenvolvemento doutras áreas como matemáticas, enxeñería, sanidade, química, bioloxía, informática, economía, socioloxía, etc.

    Esta enorme influencia que exerceu a física no desenvolvemento científico e tecnolóxico supuxo que, desde hai máis de dúas décadas, a actividade do físico non se limite exclusivamente aos seus campos de actuación tradicionais, senón que propiciou que a gran maioría de titulados en ciencias físicas poidan desenvolver a súa actividade en sectores profesionais tan dispares como a sanidade, a seguridade, a informática, a economía e finanzas, as comunicacións, o medio ambiente ou a consultoría, entre outros. A gran versatilidade do físico é un feito innegable o que lle coloca nunha excelente posición para a súa inserción no mercado laboral tanto polas competencias adquiridas, en particular a súa capacidade de modelización para abordar problemas de calquera natureza, como pola diversidade de saídas profesionais que se lle ofrecen.

  • Non se contempla

  • Non se contempla

  • A Facultade de Física conta con 11 aulas de docencia de distinta capacidade, dotadas dos medios didácticos e audiovisuais necesarios para implantar as metodoloxías do Espazo Europeo de Educación Superior. Así mesmo, dispón de dúas aulas de informática para docencia, con 25 e 15 postos, respectivamente.

    Tamén dispón dunha Sala de Xuntas, con capacidade para 32 prazas e dunha Aula Magna, con capacidade para 100 persoas.

    Para a formación práctica, conta con varios laboratorios docentes convenientemente equipados e en permanente actualización: Física Xeral, Física Cuántica, Mecánica e Ondas, Termodinámica, Óptica, Electrónica, Estado Sólido , Física Nuclear e Electromagnetismo.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, con mesas de traballo, postos de carga e conexión a rede de datos e sen fíos.. O centro dispón dunha Biblioteca Intercentros, compartida coa facultade de Óptica e Optometría, que concentra os fondos específicos desta titulación e que conta con máis de 144 postos de lectura. A biblioteca está situada na planta baixa da facultade de Física. Tamén hai que destacar que desde calquera punto da facultade é posible a conexión sen fíos a Internet

  • 1. Formar graduados capaces de observar, catalogar e modelizar os fenómenos da natureza a través dos seus coñecementos sobre as distintas ramas da Física, posibilitando o seu acceso ao mercado laboral en postos de nivel de responsabilidade medio-alto ou ben continuar estudos, cun alto grao de autonomía, en disciplinas científicas ou tecnolóxicas.
    2. Desenvolver nos estudantes unha clara percepción de situacións aparentemente diferentes pero que mostran evidentes analoxías físicas, o que permite a aplicación de solucións probadas a novos problemas.
    3. Potenciar nos estudantes a capacidade de identificar os elementos esenciais dun proceso ou unha situación completa que lle permita construír un modelo simplificado que describa, coa aproximación necesaria, o obxecto de estudo e posibilite realizar predicións sobre a súa evolución futura. Así mesmo, debe ser capaz de comprobar a validez do modelo introducindo as modificacións necesarias cando se observen discrepancias entre as predicións e as observacións.
    4. Familiarizar ao alumno co traballo no laboratorio, a instrumentación e os métodos experimentais máis usados.
    5. Transmitir a relevancia da Física no panorama da Ciencia actual así como o importante papel que esta xoga no desenvolvemento tecnolóxico da nosa sociedade. Inculcar ao alumno unha visión da Física como parte integrante da Educación e a Cultura que lle permita recoñecer a súa presenza na Natureza a través da Ciencia, a Tecnoloxía e a Arte.
    6. Transmitir aos estudantes o respecto polos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos así como os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Segundo o Art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título.

  • Os alumnos poderán inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados o 75% dos créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá superar todos os demais créditos necesarios para o título de grao, isto é, polo menos 234 ECTS. Para non atrasar a gradación dos estudantes que reúnan os requisitos, a Facultade ofertará traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos os cuadrimestres.

  • Profesorado
    Oscar Abelenda Caamaño
    Eva Maria Acosta Plaza
    Christoph Adam
    Bernardo Adeva Andany
    Aaron Jose Alejo Alonso
    Jaime Alvarez Muñiz
    Hector Alvarez Pol
    Samuel Alvite Pazo
    Alfredo Jose Amigo Pombo
    Paula Antelo Riveiro
    Francisco Jose Ares Pena
    Nestor Armesto Perez
    Yago Arosa Lobato
    Francesc Yassid Ayyad Limonge
    Mª Carmen Bao Varela
    Silvia Barbosa Fernandez
    Sergio Barrera Cabodevila
    Samuel Jules Belin
    Adrian Bembibre Fernandez
    Marti Berenguer Mimo
    Riccardo Borsato
    Victor Manuel Brea Sanchez
    Maria Del Pilar Brocos Fernandez
    Manuel Caamaño Fresco
    Sergio Cabana Freire
    Diego Cabello Ferrer
    Maria Encina Calvo Iglesias
    José Iván Cambón Bouzas
    Carlos Carballeira Romero
    Nestor Carrillo Barral
    Francisco Javier Castro Paredes
    Lorenzo Cazon Boado
    Eva Cernadas García
    Xabier Cid Vidal
    Javier Corral Sertal
    Diego Costas Rodríguez
    Alfredo Crespo Otero
    Raul De La Fuente Carballo
    Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
    Alejandro Doval Casas
    Jose Daniel Edelstein Glaubach
    Martina Feijoo Fontan
    Manuel Fernandez Delgado
    Beatriz Fernandez Dominguez
    Miguel Fernandez Gomez
    Josefa Fernandez Perez
    Yolanda Ferradas Rial
    Alfonso Fondado Fondado
    Samuel Funes Hernando
    Abraham Antonio Gallas Torreira
    Victor Jose Gallego Fontenla
    Xabier Garcia Feal
    Maria Jesus Garcia Guimarey
    Antonio Jesus Garcia Loureiro
    Iris Garcia Rivas
    Pablo Garcia Tahoces
    Oscar Vicent Giner Rajala
    Mateo Gomez Mendez
    Faustino Gomez Rodriguez
    Manuel Maria Gonzalez Alemany
    Rosa María González Fernández
    Elena Gonzalez Ferreiro
    Jose Angel Hernando Morata
    Carlos Herves Carrete
    Ramon Iglesias Rey
    Carlos Lamas Rodríguez
    Clara Landesa Gomez
    Massimo Lazzari
    Yago Lema Capeans
    Jesus Liñares Beiras
    Raul Lois Cuns
    Ma Angeles Lopez Aguera
    Enriqueta Lopez Iglesias
    Cristina Lopez Iribarnegaray
    Maria Elena Lopez Lago
    Victor López Pardo
    David López Vilariño
    Ana Lorenzo Medina
    Miguel Lozano Gonzalez
    José Javier Majadas Soto
    Diego Martinez Hernandez
    Javier Mas Sole
    Xoan Mayo Lopez
    Trinidad Mendez Morales
    Carlos Miguel Merino Gayoso
    Gonzalo Miguez Macho
    Jorge Mira Perez
    Jose Luis Miramontes Antas
    Jose Augusto Moares Guedes
    Carlos Montero Orille
    Jesus Manuel Mosqueira Rey
    Maria Dolores Mouriz Cereijo
    Begoña Nicolas Avila
    Julio Nóvoa Fernández
    Alejandro Ogando Cortes
    Martin Otero Lema
    David Palacios Suárez-Bustamante
    Juan Jose Parajo Vieito
    Victor Pardo Castro
    Alberto Pardo Montero
    Fernando Rafael Pardo Seco
    Gonzalo Parente Bermudez
    José Paz Martín
    Ana Peon Nieto
    Alberto Pérez Muñuzuri
    Vicente Pérez Muñuzuri
    Xesus Prieto Blanco
    Gerardo Prieto Estévez
    Yago Radziunas Salinas
    Rafael Enrique Ramos Amigo
    Carlos Rey Losada
    Ramón Rial Silva
    Pedro Rodriguez Cacheda
    Pedro Rodriguez Dafonte
    Emilio Xosé Rodríguez Fernández
    Juan Antonio Rodriguez Gonzalez
    Jesus Rodriguez Otero
    Antonio Romero Vidal
    Juan Manuel Ruso Veiras
    Juan Jose Saborido Silva
    Josefa Salgado Carballo
    Carlos Alberto Salgado Lopez
    Francisco Sanchez Rodriguez
    Jose Manuel Sanchez De Santos
    Cibran Santamarina Rios
    Antía Santiago Alonso
    Juan Santos Suarez
    David Serantes Abalo
    Belén Serrano Antón
    Fabián Suárez Lestón
    Marcos Suárez Vázquez
    Pablo Taboada Antelo
    Juan Adrian Teijeiro Jimenez
    Victoria Valcarce Cadenas
    Luis Miguel Varela Cabo
    Alejandro David Varela Dopico
    Alfonso Vázquez Ramallo
    Manuel Vazquez Ramallo
    Pablo Vazquez Regueiro
    Maria Vieites Diaz
    Maria Villanueva Lopez
    Bin Wu
    Georgina Xifra Goya
    Enrique Zas Arregui
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.