Ir o contido principal
  • USC

Visita á ACSUG do alumnado do Máster de Procesos de Formación

Visita á ACSUG
Visita á ACSUG
O pasado venres 5 de decembro o alumnado do Máster en Procesos de Formación no marco da materia de Avaliación de Programas e Institucións visitou cos profesores Fernando Fraga e Pablo Franco as instalacións da ACSUG no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

O alumnado  a través do seu director Eduardo López Pereira, tivo acceso a unha perspectiva histórica e a futuro do papel que desenvolve a axencia no marco europeo da calidade universitaria. Tamén en relación co resto de axencias que tanto a nivel nacional como europeo desenvolven as estratexias de garantía externa para o sistema universitario. 

Gracias a Dolores Castro o alumnado puido ter unha visión profunda do papel que desenvolve a Unidade de Programas, unha contextualización da avaliación de títulos, normativa, os procesos de verificación e seguimento, a acreditación dos título, os sistemas de garantía de calidade (SGIC) así como a renovación da acreditacións institucional. 

Por último, e a través de Francisco Rico, coñeceron de primeira man todos os procesos de avaliación do profesorado que desenvolve a axencia así como os retos que a futuro ten que desenvolver. 

Queremos agradecer desde a facultade a disposición da ACSUG para que o alumnado teña un coñecemento directo dunha realidade en moitos casos descoñecida. Tamén a Ana Isabel López pola facilitade na xestión dos tempos de os espazos que fixeron posible este encontro. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2025.