Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Pedagoxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de pedagoxia

O Grao en Pedagoxía ten por obxecto formar profesionais preparados para analizar, deseñar, poñer en funcionamento e avaliar plans educativos, formativos, laborais e de asesoramento e orientación adaptados aos diversos contextos, institucións e persoas que os demanden.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501110
    Número prazas: 70

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

    Coordinador-a do título:
    Ana Vazquez Rodriguez
    ana.vazquez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010 (correc. de erros no BOE do 13 de xullo de 2010)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    O título de Grao define ao Pedagogo/a como un/unha profesional que posúe coñecementos, habilidades e actitudes sobre políticas, sistemas, institucións, contornos, recursos e procesos educativos e formativos.

    Está preparado/a para analizar, deseñar, poñer en funcionamento e avaliar plans, proxectos, servizos educativos, formativos, laborais e de asesoramento e orientación adaptados aos diversos contextos, institucións e persoas que os demanden. Sendo profesionais da educación que desenvolven a súa función en diversos contextos educativos e sociais, con capacidade para intervir nos ámbitos da formación e orientación laboral e do e-learning.

  • Para poder aprobar a materia G3081421 Practicum en pedagoxía II, os alumnos/as teñen que ter aprobada a materia G3081329 Practicum en pedagoxía I. Deseño de proxectos educativos e 120 créditos entre formación básica e obrigatorios.

  • Non se contemplan

  • O centro conta 14 aulas de uso xeral, con capacidade entre 50 e 120 postos, 9 aulas de seminario con 20 prazas cada unha, unha aula de dinámica de grupos, unha aula de informática dedicada á docencia, e unha aula de medios tecnolóxicos e de investigación en medios audiovisuais.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre que está dotada con 15 ordenadores, e mesas de traballo en grupo amplas para o traballo autónomo do alumnado.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    No campus sur, a Biblioteca está situada no módulo central que comparten as facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía. A Biblioteca conta con máis de 250 postos de lectura. No campus norte, a Biblioteca atópase na planta baixa do edificio da Facultade de C.C. da Educación, con máis de 80 postos.

  • 1. Alcanzar unha base cultural e científica para saber identificar os referentes sociopolíticos, históricos, culturais e ambientais nos que se enmarca o dereito á educación e á formación ao longo da vida.
    2. Lograr un nivel básico e preciso de coñecementos especializados nas bases epistemolóxicas e científicas do saber pedagóxico que permita o compromiso coa creación de coñecemento especializado, a innovación educativa e co marco deontolóxico do exercicio profesional
    3. Deseñar, implementar e avaliar contornas, procesos, plans, programas e recursos de ensino-aprendizaxe en diversos contextos e para persoas diferentes.
    4. Posuír os coñecementos e actitudes necesarios para actuar como axente de cambio e mellora en procesos de desenvolvemento persoal, profesional, institucional e comunitario.

  • Mobilidade

    A Facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, a persoa responsable da UAXCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticum
    O Título de grao de Pedagoxía inclúe 30 créditos de prácticas externas, Practicum, de carácter obrigatorio.
    Para poder desenvolvelo, establecéronse convenios de colaboración coas administraciones e institucións sociais (fundacións, asociacións e ONG’s), a fin de regular a presenza do alumnado nos diferentes servizos e favorecer o traballo colaborativo entre a Universidade e os devanditos centros.

  • Traballo de Fin de Grao
    Para poder matricularse do Traballo de Fin de Grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.