Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Educación Social

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato@usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de educacion social

O Grao en Educación Social debe capacitar ao seu alumnado para o desenvolvemento profesional dos coñecementos científicos e dos principios de acción necesarios para a análise, a comprensión, a interpretación e a intervención educativa en distintos contextos institucionais e sociais.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501109
    Número prazas: 75

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO
    mdelmar.lorenzo@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Laura María Varela Crespo
    laura.varela@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010 (corrección de erros: 13 de xullo de 2010)

    Data da última acreditación:
    18/01/2023

    O título de Grao en Educación Social impartido pola Universidade de Santiago de Compostela debe capacitar ao seu alumnado para o desenvolvemento profesional autónomo dos coñecementos científicos e dos principios de acción necesarios para a análise, a comprensión, a interpretación e a intervención educativa en distintos contextos institucionais e sociais, contribuíndo á formación integral das persoas e á mellora da súa calidade de vida.

    En este senso, proporciona destrezas, actitudes e habilidades básicas que se precisan para o deseño, xestión, intervención e avaliación dos recursos, plans, programas e proxectos de natureza socioeducativa que afecta á vida cotiá das persoas, individual e colectivamente, con especial énfase en procesos ou realidades xeradoras de algún tipo de dependencia, risco ou dificultade social.

    Sendo un/ha profesional da educación, que comparte principios éticos e deontolóxicos con outro persoal educativo e social, deberá dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía en ámbitos problemáticos que afecten á convivencia e ao benestar das persoas, fundamentalmente con intervencións educativas e sociais de alcance institucional e sociocomunitario.

  • Para poder aprobar a materia G3091424: Prácticum de Educación Social II, os alumnos/as teñen que ter superada a materia G3091326: Prácticum de Educación Social I e 120 créditos entre formación básica e obrigatorios.

  • Non se contemplan mencións.

  • O centro conta 14 aulas de docencia propósito xeral, con capacidade entre 50 e 120 postos, e 9 seminarios con 20 prazas, unha aula de dinámica de grupos, unha aula de informática para a docencia e unha aula de medios tecnolóxicos e de investigación de medios audiovisuais.

    Entre os espazos habilitados para o alumnado, conta cunha aula de informática de acceso libre que está dotada con 15 ordenadores e mesas de traballo en grupo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    No campus sur, a Biblioteca está situada no módulo central que comparten as facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía.No campus norte, a Biblioteca atópase na planta baixa do edificio da Facultade de C.C. da Educación, con máis de 80 postos.

  • Coñecer os fundamentos conceptuais, teóricos, metodolóxicos e técnicos da Educación Social.
    Coñecer o marco socio-político, cultural e institucional no que se insire a Educación Social e as súas prácticas.
    Afrontar o deseño, desenvolvemento e avaliación dos procesos educativos (plans, programas, proxectos ou actividades) que tomen como referencia a Educación Social, nos distintos ámbitos da intervención socio-educativa nos que se concreta o seu desempeño profesional, individualmente e/ou en colaboración con outros profesionais educativos e sociais.
    Facer uso de estratexias, metodoloxías, técnicas e medios que posibiliten unha intervención educativa diferenciada en función dos suxeitos, grupos e/ou colectivos aos que remiten o seu labor profesional os/as educadores/as sociais, en contextos institucionais e comunitarios nos que se desenvolve a vida cotiá das persoas, desde a infancia ata a vellez e atendendo ás distintas circunstancias sociais.
    Coñecer as características que definen a profesión de educador/a social e formarse para tomar decisións relativas ao seu desenvolvemento persoal, académico e profesional

  • Mobilidade

    A Facultade conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsábel de programas de intercambio, a persoa responsable da UAXCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente estabelecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O Título de grao de Educación Social inclúe 30 créditos de prácticas externas, Practicum, de carácter obrigatorio.
    Para poder desenvolvelo, establecéronse convenios de colaboración coas administracións e institucións sociais (fundacións, asociacións e ONG’s), a fin de regular a presenza do alumnado nos diferentes servizos e favorecer o traballo colaborativo entre a Universidade e os devanditos centros.

  • Para poder matricularse do Traballo de Fin de Grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.

  • Os estudantes que xa teñan cursado a diplomatura en Educación Social terán a oportunidade de obteren o Grao en Educación Social realizando un Curso Complementario. Este curso, cunha carga lectiva de 60 ECTS, constaría das seguintes materias, de 6 créditos cada unha:

    • Proxecto de fin de grao (G3091425)
    • Formación e profesionalización en Educación Social (G3091222)
    • Educación nos medios de comunicación e web social (G3091423)
    • Investigación, desenvolvemento e innovación en Educación Social (G3091422)
    • Documentación e información educativa (G3091108)
    • Avaliación na Educación Social (G3091321)
    • Políticas socio-educativas e dereitos humanos (G309110)
    • Economía da Educación (G3091106)
    • Educación e desenvolvemento comunitario en contextos rurais e urbanos (G3091344)
    • Métodos e técnicas de investigación na acción socioeducativa (G3091325)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.