Ir o contido principal

Publicada a listaxe definitiva de estudantado seleccionado para prácticas externas extracurriculares do Consello Social

Estudantes no Campus Sur da USC. FOTO: Santi Alvite
Estudantes no Campus Sur da USC. FOTO: Santi Alvite
A persoa que obteña mellor valoración na titorización poderá obter un premio de 1.500 euros que outorga o Consello Social

O Consello Social da USC acaba de facer pública a listaxe definitiva de estudantes que foron seleccionados/as para a realización de prácticas externas extracurriculares. As titulacións de grao para as que se ofertan prazas son Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría de Procesos Químicos e Industriais, Enxeñaría Química, Historia, Historia da Arte, Óptica e Optometría, Pedagoxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Robótica e Veterinaria. Ademais, tamén se ofertan prazas nos mestrados universitarios en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, Xestión e Dirección Laboral e Intelixencia Artificial.

A efectos de participar no premio de 1.500 euros que outorga o Consello Social ao estudante mellor valorada/o en prácticas é moi importante que ao rematar a práctica o titor ou titora externo/a achegue o informe de finalización tanto ao titor ou titora académico/a como ao Consello Social, de acordo cos requirimentos establecidos na convocatoria.   

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2024.