Ir o contido principal

Premios e axudas

Premios e axudas

Recoñecemento do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela á traxectoria profesional

Este premio é unha iniciativa do Consello Social da USC, de carácter honorífico,  cuxo obxetivo é recoñecer a excelencia das persoas que realizaron os seus estudos na nosa universidade e que desenvolveran unha traxectoria profesional relevante, en calquera ámbito.

Con este recoñecemento, ademais de dar visibilidade a traxectorias relevantes de antigos alumnos, búscase recuperar vínculos entre estes e a USC, así como tender pontes que faciliten a colaboración e o mutuo coñecemento entre o Consello Social e as entidades que poden presentar candidaturas (cámaras de comercio, colexios profesionais, concellos etc.)

Premio Humanitas

O Consello Social da USC e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC) convocan conxuntamente cada ano o premio Humanitas. Este premio ten por obxecto recoñecer actividades solidarias ou humanitarias que estean desenvolvendo persoas físicas ou xurídicas e está dotado con dous mil euros.

O xurado, presidido polo reitor da USC elixe a persoa ou entidade premiada dentro das candidaturas presentadas polos membros da comunidade universitaria, do Consello Social e de Alumni-USC.

Esta acción enmárcase dentro do compromiso do Consello Social da USC de achegar a realidade social á universidade ao mesmo tempo que colabora con Alumni-USC, co obxectivo de axudar a crear unha rede forte de antigos alumnos que favoreza o desenvolvemento do orgullo de pertenza á USC.

Premio Alumno

Este premio está dotado con mil cincocentos euros e outórgase dúas veces ao ano, coincidindo cos períodos de prácticas das convocatorias de febreiro e setembro. A través deste recoñecemento, o noso órgano quere impulsar a realización destas actividades, premiando a excelencia e o esforzo do alumnado no seu desempeño.

O Consello Social, como órgano de participación da sociedade na Universidade, está comprometido coa mellora da empregabilidade, achegando a realidade laboral e complementando a formación teórica do alumnado mediante prácticas en empresas e institucións, ao mesmo tempo que fomenta a colaboración co tecido económico e institucional da nosa comunidade.

Axudas do Consello Social

O Consello Social da USC apoia actividades ou proxectos que realicen membros da comunidade universitaria da USC, que cumpran cos obxectivos propios do Consello Social de conformidade coa Ley 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia e do seu Regulamento de Organización e Funcionamento aprobado por Orde do 5 de agosto de 2014, principalmente impulsando a participación entre a sociedade e a Universidade e viceversa.

Os destinatarios da presente axuda do Consello Social serán o persoal da Universidade de Santiago de Compostela, PAS e PDI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2023.