Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Sir Richard John Roberts

New England Biolabs (EE.UU.).
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1993.

Sir Richard John Roberts

Premio Nobel polo “descubrimento dos intróns”.

Os intróns son fragmentos de ADN que están presentes nos xenes pero que non codifican información. Roberts descubriu tamén que os xenes poden ser discontinuos, é dicir, que un xene dado pode estar presente no ADN en diferentes segmentos ben separados. Ao principio o achádego fíxose nun virus típico causante de catarros, o chamado adenovirus, pero pronto se viu que estes intróns son frecuentes en organismos superiores, como o ser humano. 

O seu descubrimento non foi só de importancia capital como fundamento da moderna bioloxía, senón que o foi tamén para investigación médica orientada no eido do cancro e outras enfermidades.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Sir Richard John Roberts. Programa ConCiencia (09/06/2011)

Eventos relacionados

Novas relacionadas