Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Roger David Kornberg

Stanford University (EE.UU.).
Premio Nobel de Química 2006.

Roger David Kornberg

Premio Nobel ”polos seus estudos das bases moleculares da transcrición eucariota”

As células utilizan a información xenética almacenada no ADN a modo de instrucións para a fabricación de proteínas, que son, en última instancia, a base estrutural dos organismos e as encargadas do seu funcionamento. Ese proceso de transformación da secuencia xenética nunha proteína é o que se coñece como "transcrición".

O Prof. Kornberg utilizou unha técnica chamada "difracción de raios X" para estuda-los diferentes complexos moleculares implicados no proceso da transcrición xenética. A súa descrición destes complexos é tan detallada que permite distinguir cada átomo nas moléculas. O nivel de detalle acadado na caracterización molecular permitiu por primeira vez entender en detalle como ten lugar ese proceso que é fundamental en tódolos organismos vivos.

É fillo de de Arthur Kornberg, colaborador de Severo Ochoa, con quen compartiu o Premio Nobel de Medicina en 1959 polo descubrimento dos mecanismos da síntese biolóxica do ARN e ADN.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Roger David Kornberg. Programa ConCiencia (15/06/2009)

Eventos relacionados

Novas relacionadas