Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Richard Royce Schrock

Massachusetts Institute of Technology (EE.UU.).
Premio Nobel de Química 2005.

Richard Royce Schrock

Premio Nobel "polo desenvolvemento do método da metátese na síntese orgánica”.

Desenvolveu catalizadores para reaccións de metátese molecular (a metátese significa intercambio, a imaxe usual para ilustrar este mecanismo para compoñer novas moléculas é a dun baile no que as persoas poden cambiar de parella).

Trátase dun achado que abre a porta á construción de moléculas sen máis límite que a propia imaxinación.

Moitos dos produtos que contribúen ao noso benestar cotián, como perfumes, plásticos, fibras e, sobre todo, fármacos, son produtos artificiais que se preparan mediante métodos sintéticos, moitas veces moi laboriosos e custosos.

O descubrimento do profesor Schrock proporcionou un novo xeito de unir fragmentos moleculares paraobter estes produtos sintéticos moito máis rápido e dunha maneira menos contaminante.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Richard Royce Schrock. Programa ConCiencia (10/11/2011)