Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Mohamed ElBaradei

Premio Nobel da Paz 2005

Mohamed ElBaradei

Premio Nobel "polos seus esforzos para evitar que a enerxía nuclear sexa usada con fins militares e asegurarse de que a enerxía nuclear con fins pacíficos sexa usada na maneira máis segura posible".

O doutor Mohamed ElBaradei foi o Director Xeral da Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) durante tres mandatos, de 1997 ata 2009. A AIEA é unha organización internacional que persegue un uso pacífico da enerxía nuclear e intenta evitar o seu uso con fins militares, sobre todo en bombas atómicas. A AIEA está relacionada coa Organización das Nacións Unidas (ONU), posto que lle envía os seus informes tanto á Asemblea Xeral como ao Consello de Seguridade da ONU. Durante os seus mandatos, o Dr. ElBaradei xogou un papel clave na intermediación e inspección de armas de destrución masiva en Iraq e no control do armamento nuclear de Irán. En 2010 foiile concedido o XIV Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Mohamed ElBaradei. Programa ConCiencia (20/09/2010)

Eventos relacionados

Novas relacionadas