Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Jean-Marie Lehn

Université Louis Pasteur (Francia).
Premio Nobel de Química 1987.

Jean-Marie Lehn

Premio Nobel polo “desenvolvemento e uso de moléculas con interaccións específicas de estrutura de alta selectividade”

Aínda que as moléculas que compoñen a materia son entidades individuais, o seu funcionamiento depende de como interaccionan unhas con outras. De feito, estes procesos de interacción entre moléculas son determinantes do funcionamento celular e do comportamento físico e químico de infinidade de materiais.

O profesor Lehn, recibiu o Premio Nobel en 1987, xunto cos profesores Pedersen e Cram, por ter sido capaz de deseñar por primeira vez receptores moleculares sintéticos (anfitrións) capaces de recoñecer e interaccionar de forma selectiva con determinados hóspedes. A estes receptores chamoulles criptandos. Deste xeito obtivo sistemas sintéticos capaces de realizar procesos de recoñecemento molecular de forma selectiva.

Sobre estas bases o profesor Lehn foi quen de crear e desenvolver unha nova rama da química chamada "Química Supramolecular".

Eventos relacionados