Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Frances Elizabeth Allen

IBM Fellow Emerita (EE.UU.).
Premio Turing 2006.

Frances Elizabeth Allen

O Premio Turing é considerado o “Premio Nobel da computación”. Leva o nome de Alan Mathison Turing, o matemático británico considerado o pai teórico da ciencia computacional e a intelixencia artificial.

É outorgado a aquelas persoas que, nomeadamente, “fagan contribucións que perduren no tempo e sexan de natureza técnica vital para a comunidade das ciencias da computación”.

O premio foi creado a mediados dos anos 60 e en máis de 40 edicións só foi concedido a unha muller, Frances Elizabeth Allen, “polas súas contribucións que melloraron fundamentalmente o rendemento dos programas de computador e aceleraron o uso de sistemas de computación de alto rendemento”.

Ela, dende o prestixioso IBM Thomas Watson Research Center,  puxo as bases teóricas e prácticas das técnicas de optimización automática en compiladores (a parte do computador encargada de traducir as instrucións dun programa a códigos entendibles polas máquinas) e a extracción automática de paralelismo (realización dunha tarefa repartida en procesos feitos ao mesmo tempo). Definiu unha serie de técnicas que se seguen utilizando nos compiladores actuais e que contribuíron a aumenta-la súa eficiencia.

Á marxe dos seus éxitos científicos tense distinguido polo seu traballo a prol do acceso da muller á ciencia, especialmente en enxeñaría e computación, onde a súa presenza segue a ser minoritaria.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Frances Elizabeth Allen. Programa ConCiencia (30/10/2008)

Novas relacionadas