Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Ei-ichi Negishi

Universidade de Purdue (EE.UU.).
Premio Nobel de Química 2010.

Ei-ichi Negishi

Premio Nobel por conseguir “acoplamentos cruzados catalizados por paladio en síntese orgánica”.

O eixo central sobre o que se constrúen a maioría das pequenas e grandes moléculas que forman e regulan os sistemas vivos na Terra, son cadeas de átomos de carbono dispostas en diferentes formas. Polo tanto, un dos maiores retos da química foi sempre o de atopar maneiras para construír eses enlaces entre átomos de carbono.

O Prof. Negishi, un dos químicos orgánicos máis extensivamente citados, obtivo novos métodos para establecer enlaces carbono-carbono. Descubriu novas reaccións usando paladio e outros metais como catalizadores (elementos que fan que unha reacción química sexa posible ou se realice máis rápido), que permitiron unir dúas moléculas. O resultado foi a formación dun novo enlace simple entre elas.

Estas reaccións melloraron dun xeito asombroso tanto o potencial como a eficiencia da química orgánica sintética e contribuiron substancialmente a posibilitar a construción de moléculas máis complexas, que fan mellores moitos aspectos das nosas vidas, dende a agricultura á medicina. Podería dicirse que, dentro dos mecanismos que establecen a estrutura das moléculas da vida, o Prof. Negishi deu un paso que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular.

Este contido está bloqueado porque non se aceptaron as cookies de Vídeo.
Aceptar todas as cookies
Conferencia de Ei-ichi Negishi. Programa ConCiencia (26/04/2012)

Novas relacionadas