Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Boas prácticas de investigación

O avance no coñecemento científico contribúe ao progreso económico e social, por elo a sociedade agarda que a investigación se leve a cabo respectando unhas normas básicas e uns principios éticos aceptados internacionalmente.

Para cumplir con este obxectivo, a USC e o seu persoal investigador contan cun Código de Boas Prácticas na Investigación que recolle os principios éticos básicos da actividade investigadora (liberdade, compromiso, rigor, honestidade, integridade, respecto e responsabilidade) e establece as normas de conducta que rixen na organización da investigación, na súa planificación e execución, na almacenaxe e custodia de datos e na publicación de resultados.

O Código tamén sinala os principios éticos reguladores das relacións do personal investigador coas entidades financiadoras, como afrontar os conflictos de interese, e cales son as canles establecidas para a regulación de conflictos.

A Universidade de Santiago de Compostela conta, asemade, cun Comité de Bioética que supervisa aspectos críticos da investigación, como son os estudos con persoas e con animais.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2022.