Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Unha Facultade multilingüe

O espazo da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria

Na Facultade de Veterinaria o galego é, igual ca no resto da USC, lingua propia e oficial. O profesorado e o alumnado usan libremente este idioma ou o castelán dentro e fóra das aulas, creando unha comunidade multilingüe que se enriquece co contacto e a convivencia con outras moitas linguas (inglés, portugués, francés...)

Pero Veterinaria é un centro peculiar dentro da USC: máis da metade do seu alumnado e unha porcentaxe relevante do seu profesorado proceden de fóra de Galicia. Isto supón unha dificultade engadida ás que o galego atopa no resto das facultades para converterse na lingua habitual da actividade docente.

E no entanto, esta Facultade forma profesionais para os cales comunicarse en galego vai ser unha competencia necesaria se pretenden exercer en Galicia, sobre todo nalgunhas especialidades (como a de "grandes animais") ou en ámbitos que manteñan relacións coas administracións públicas.

Esta situación crea unha fenda entre a presenza real do galego nas actividades académicas e a que debería ter para axudarlle ao estudantado (sobre todo ao foráneo) a asentar habilidades orais e escritas que acelerarían a súa integración na sociedade galega e no futuro desenvvolver unha comunicación profesional de calidade nesa lingua.

Desde a Comisión de Normalización Lingüística, delegada da Xunta de Facultade, queremos axudar a pechar esa fenda, desenvolvendo accións que animen ao profesorado e ao alumnado a usar o galego, e ofrecendo recursos e información que axuden a que ese uso sexa máis doado e de maior calidade. Se queres poñerte en contacto con nós para colaborar, achegar ideas ou simplemente recibir máis información, escríbenos ou chámanos ao 982 822 621.

Accións da Comisión de Normalización Lingüística

Curso 2024- 2025

Recursos para...

Accións de cursos anteriores

Está pasando...

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2025.