Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Unha enquisa anónima e voluntaria avalía a opinión do estudantado sobre as políticas de igualdade

O estudantado recibiu un correo electrónico coa ligazón de acceso á enquisa. FOTO: Santi Alvite
O estudantado recibiu un correo electrónico coa ligazón de acceso á enquisa. FOTO: Santi Alvite
A ligazón de acceso a este estudo sobre corresponsabilidade foi enviada por correo electrónico a través das listas de distribución institucionais

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX), está a desenvolver un estudo para coñecer as opinións e actitudes do estudantado sobre as políticas de igualdade. Esta iniciativa baséase nunha enquisa anónima e de participación voluntaria á que se pode acceder a través dunha ligazón que foi enviada por correo electrónico ao conxunto do estudantado a través das listas de distribución institucionais. A USC agradece o esforzo das persoas que participen e que fagan que esta investigación poida ter resultados útiles.

O estudo de corresponsabilidade enmárcanse nas actividades que a USC vén desenvolvendo dentro das actuacións de colaboración coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia recollidas no Plan Corresponsables. Para calquera dúbida sobre a investigación pode enviarse un mail ao enderezo oix@usc.gal. As consultas en materia de protección de datos poden formularse a través de proteccióndatos@usc.gal

The contents of this page were updated on 05.13.2025.