Publicada a listaxe definitiva de estudantado seleccionado para as prácticas externas extracurriculares do Consello Social
O Consello Social da USC acaba de facer pública a listaxe definitiva de estudantes que foron seleccionados/as para a realización de prácticas externas extracurriculares na convocatoria de setembro de 2024. O período de realización das prácticas estará comprendido entre o 27 de novembro do 2024 e o 27 de maio do 2025.
As titulacións de grao para as que se ofertaban prazas son Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Biotecnoloxía, Dereito, Economía, Enxeñaría Informática, Enxeñaría Química, Historia, Matemáticas, Química, Veterinaria, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Psicoloxía, Medicina e Nutrición Humana e Dietética. Ademais, tamén se ofertan prazas nos mestrados universitarios en Investigación Biomédica; Innovación, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria e Dirección de Empresas.
A efectos de participar no premio de 1.500 euros que outorga o Consello Social á/ao estudante mellor valorada/o en prácticas é moi importante que ao rematar a práctica o titor ou titora externo/a achegue o informe de finalización tanto ao titor ou titora académico/a como ao Consello Social, de acordo cos requirimentos establecidos na convocatoria.