Skip to main content

Prácticas externas

O Consello Social é un dos órganos xestores das Prácticas académicas externas extracurriculares ofertadas pola USC.

Son extracurriculares as prácticas que se realizan con carácter voluntario durante o periodo de formación do alumnado de grao e máster. Estas prácticas non forman parte do seu plano de estudos, non obstante deberán figurar no Expediente Académico e no Suplemento Europeo ao Título, sempre que se realizaran antes da finalización dos estudos.

Estas prácticas poderán realizarse en: empresas, institucións e entidades públicas ou privadas con sede no territorio nacional así como na propia Universidade.

Esquema sobre as Prácticas

Convocatoria

Na actualidade estanse a realizar dúas convocatorias, unha no mes de febreiro e outra no mes de setembro.

As convocatorias publicaranse no taboleiro electrónico da Universidad e nesta páxina web.  

A mesma publicidade daráselle ás listaxes provisionais e definitivas de adxudicatarios.

O texto de cada convocatoria incluirá a relación de ofertas das entidades colaboradoras así como as instrucións para participar na selección e adxudicación das prácticas.

Ademais, existe un procedemento de adxudicación directa no que o alumnado pode propiciar a celebración de novos convenios de cooperación educativa cunha determinada entidade.

Neste suposto o estudantado que propiciou o convenio terá dereito preferente e por unha soa vez a desenvolver as prácticas na entidade asinante.

 

 

Premio ao/á estudante mellor valorado/a nas Prácticas

O Consello Social premiará ao/a estudiante mellor valorado/a, por parte do titor/a externo/a, na realización das prácticas en cualquera das modalidades recollidas na convocatoria, de acordo coas bases establecidas no punto 14 da convocatoria.

O premio consistirá na entrega dun diploma por parte da presidenta do Consello Social e na dotación económica de mil cincocentos euros (1.500€)

Normativa de aplicación

Estas prácticas regularanse polo Regulamento de prácticas externas da USC do ano 2015, o Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, e polas propias convocatorias e demais disposicións xerais de aplicación.

Estudantes:

Requisitos académicos:

  • Estar matriculado nun grao ou máster da USC.
  • Te superados como mínimo 90 ECTS, agás situacións académicas debidamente xustificadas que permitan a súa realización cun número menor de créditos.
  • Non se poderan iniciar prácticas imputables ao expediente unha vez superado o TFG ou TFM, agás no caso de que, de acordo coa normativa aplicable, fora seleccionado para realizalas con anterioridade a superación do Traballo.
  • Non ter realizado o número máximo de créditos en prácticas externas  extracurriculares.
  • Non ter relación contractual coa entidade durante a realización das prácticas.

A selección dos/as candidatos/as realizarase tendo en conta a media do seu expediente académico, agás o alumnado de adxudicación preferente.

O alumnado seleccionado elixirá, de acordo co titor ou titora da entidade as datas e o horario da práctica, tendo en conta que a realización efectiva desta terá como límite o 30 de setembro do curso seguinte a aquel no que a matriculou. A duración de cada práctica en ningún caso pode ser superior a 6 meses.

Todo o alumnado seleccionado na convocatoria pública de prácticas deberá matricularse no prazo fixado na convocatoria, en caso contrario perderá o dereito á súa realización.

Asemade quen opte pola adxudicación preferente deberá matricularse, en todo caso, antes do inicio da actividade, se non perderá o dereito á realización da práctica.

O estudantado ten un prazo máximo de 15 días dende a finalización das prácticas para entregarlle ao/a titor/ora académico/a a memoria final de acordo coas características indicadas no punto número 7 do PDF informativo.

A solicitude poderán realizala premendo no seguinte enlace:

Empresas e institucións:

As entidades interesadas no programa de Prácticas académicas externas extracurriculares deberán formalizar un convenio de colaboración coa USC achegando ao Consello Social a proposta de convenio.

O convenio non ten carácter vinculante, polo que non suporá a adquisición de compromisos de caracter contractual ou laboral. A función deste documento é habilitar ás entidades asinantes para acoller alumnado en prácticas.

Unha vez asinado o convenio, as entidades que o desexen poderán participar nas convocatorias que sexan do seu interese, para elo deberán achegar a/as oferta/as segundo o modelo establecido para elo. Cada oferta terá validez para unha única convocatoria.

As entidades participantes designarán a un titor ou titora que se encargará da tutela do estudantantado durante o período da práctica.

Centros, departamentos e grupos de investigación da USC:

Os centros, departamentos ou grupos de investigación da USC que queiran participar acollendo alumnado en prácticas terán que achegar ao Consello Social o formulario de declaración de intencións para poder ser habilitados por resolución reitoral.

Tutela das prácticas

O estudantado contará cun titor/a da entidade colaboradora e cun titor/a da Universidade. En ningún caso poderán coincidir na mesma persoa as dúas figuras.
 
Titor ou titora da entidade colaboradora

O titor ou titora  designado/a pola entidade colaboradora deberá ser unha persoa vinculada a esta coa experiencia profesional e os coñecementos necesarios para realizar unha tutela efectiva.

Os seus dereitos e obrigas recóllense no artigo 23 do Regulamento de prácticas académicas externas da USC do ano 2015.

Nun prazo máximo de 15 días dende a finalización da práctica,o/a titor/ora externo enviaralle ao/á titor/a académico/a e ao Consello Social un informe de finalización co contido mínimo contemplado no seguinte modelo:

Titor ou titora da USC

Será preferentemente un profesor ou profesora da titulación con coñecementos afíns á práctica que se vaia a realizar. Se isto non fora posible, poderá ser un profesor ou profesora da universidade que imparta docencia na mesma área de coñecemento do título cursado.

Os dereitos e obrigas desta figura recóllense no artigo 24 do Regulamento de prácticas académicas externas da USC do ano 2015.

The contents of this page were updated on 03.19.2024.