Skip to main content

Curso sobre dixitalización integral nas empresas agroalimentarias

18/4/2024 - 11:30 horas

O obxectivo principal do curso é ilustrar o impacto transformador das tecnoloxías dixitais nas empresas agroalimentarias

Cartel do curso
Cartel do curso

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo da USC acolle o 18 de abril, a partir das 11.30 horas, o curso ‘Dixitalización integral nas empresas agroalimentarias’, unha proposta incluída no plan formativo do Campus Terra coordinada por Sandra Otero e orientada á participación de alumnado de grao e mestrado. As sesións formativas presenciais serán impartidas por Hugo Criado e a inscrición permanece aberta en liña.

O programa do curso parte dunha análise da situación actual do sector agroalimentario para afondar logo nos principios da dixitalización do sector e tecnoloxías emerxentes, ademais do estudo de casos de éxito e dos desafíos futuros no ámbito da innovación.

O obxectivo desta formación é concienciar sobre a importancia da dixitalización como ferramenta para mellorar a eficiencia, trazabilidade e sustentabilidade no sector agroalimentario. Inspirar e fomentar entre o estudantado universitario ideas innovadoras e creativas e proporcionar formación e información sobre as tecnoloxías emerxentes e mesmo sobre as ferramentas dixitais aplicadas ao sector agroalimentario xa accesibles constitúen outros dos cometidos do curso.

The contents of this page were updated on 04.09.2024.