O Centro de Estudos de Historia e Cultura da Cidade xurdiu coa finalidade de ocuparse do estudo do fenómeno urbano histórico en todos os seus períodos pero, en especial, no que respecta ás épocas máis primitivas, con preferencia pola época romana. Esta é a vertente única na que se está a traballar xa que, non en van, asentouse na cidade de Lugo, paradigma de evolución urbana completa entre todas as de Galicia, na que o director do Centro e o seu equipo veñen traballando intensamente dende hai varios lustros. Pero o urbanismo presupón tamén o estudo da rede viaria histórica que unía na antigüidade as cidades, e este é o obxectivo, entre outros varios en proxecto, do que se veñen ocupando algúns dos equipos de investigadores.
Centro de Estudo de Historia da Cidade
Centro de Estudo de Historia da Cidade
The contents of this page were updated on 04.23.2024.